Programa de Voluntariado Interno en Persoas Maiores.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

2012

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Residencia Mixta de Maiores de Caranza (Ferrol)

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Comarcal

Territorio de actuación:

Ferrol

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O programa de voluntariado interno da Residencia Mixta de Maiores de Ferrol é un programa que fomenta o compromiso, a implicación e a participación dos residentes maiores non dependentes da Residencia, no deseño e desenvolvemento de actividades no centro.
Estas actividades teñen en común a participación dos voluntarios, residentes non dependentes, no acompañamento e apoio ó resto de residentes dependentes da Residencia, nas actividades lúdicas e festivas que se desenvolven. Contribuíndo con esta práctica a mellorar o benestar e a satisfacción persoal dos residentes do Centro.

Motivacións para implantar a experiencia:

O voluntariado é unha das formas de participación que permiten á cidadanía mellorar a súa contorna. O voluntariado tamén é unha forma de poñer en práctica valores como a solidariedade, a xenerosidade, o compromiso, a implicación e a participación. E, contribúe á construción tanto de cohesión como de capital social.
Por iso, as entidades como a Residencia Mixta de Maiores de Ferrol, que prestan servizos, son susceptibles de converterse en espazos nos que o voluntariado ten moito que dicir. O voluntariado nestas entidades pode e leva a cabo actividades e actuacións co fin de cambiar situacións, de mellorar a calidade de vida e a convivencia das persoas.

Obxectivos:

Os obxectivos xerais do Programa de voluntariado interno da Residencia Mixta de Maiores de Ferrol son:
• A potenciación da participación real e efectiva do voluntariado no seo da organización.
• A contribución ao mantemento do sentimento de utilidade e autoestima persoal.
• O fomento da solidariedade.
• O acompañamento de persoas maiores dependentes.
• O fomento da actividade física entre os maiores.
• O fomento da ocupación do tempo libre.
• O fomento e a integración do persoal e os usuarios do centro dentro dun marco de traballo en equipo.
• O fomento da comunicación, a amizade e o establecemento de relacións interpersoais.
• A potenciación do benestar e a satisfacción persoal.

Poboación obxectivo:

A poboación obxectivo do Programa de voluntariado interno son as persoas maiores do centro que presentan algún tipo de dependencia.
Entre este colectivo diferénciase entre:
• As persoas maiores do centro que teñen un grao e nivel de dependencia e son susceptibles dun acompañamento non profesional.
• As persoas maiores que, sen ter unha dependencia recoñecida, teñen unha diminución da súa independencia e autonomía persoal.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A experiencia non contou con relacións con outros programas ou actuacións.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

O Programa de Voluntariado Interno en persoas maiores configúrase en torno a catro fases claramente definidas
1) Constitución do equipo de voluntariado interno. A través dun compromiso de colaboración e nomeamento de persoas voluntarias.
2) Definición de actividades obxecto de traballo, que elaboran as persoas integrantes do equipo de voluntariado interno.
3) Execución de tarefas definidas.
4) Avaliación semestral de resultados. Realízase unha avaliación interna así como un rexistro das actividades desenvolvidas polas persoas voluntarias.

 Actores que interveñen:

• Residencia Mixta de Maiores de Ferrol (Administración autonómica). Intervén en todas as fases do programa: definindo, monitorizando e avaliando.
• Equipo de persoas voluntarias do centro (Usuarios/as do centro). Intervén en todas as fases do programa: definindo, executando e avaliando.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos: fondos propios da Residencia.
Recursos humanos:
• Departamento sanitario.
• Conserxería.
• Gobernantía.
• Traballo social.
• Dirección.
• Equipo de voluntariado formado por 10 persoas maiores do Centro.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

O Programa de Voluntariado Interno conseguiu conformar un grupo de 10 persoas maiores, residentes do centro, de voluntarios. Este grupo de voluntarios levou a termo:
• Accións de acompañamento de residentes dependentes nos diversos actos lúdicos ou culturais celebrados polo centro ao longo do ano 2012.
• Accións de acompañamentos de residentes que, sen ter un grao e nivel de dependencia recoñecido, teñen unha limitación da súa independencia e autonomía, nas seguintes actividades: consultas medicas ou saídas para a realización de xestións de carácter persoal.
• Accións de colaboración na limpeza dos exteriores que rodean ao edificio da residencia.
• Accións de colaboración na biblioteca do centro.
• Accións de colaboración co persoal do centro nas tarefas de asistencia ao público en xeral no desenvolvemento de actos festivos.

Documentación producida:

Descargas:

Difusión:

O recoñecemento do Programa de Voluntariado Interno da Residencia de Maiores de Ferrol co Premio Voluntariado Maiores 2012 outorgado pola Xunta de Galicia é a mellor canle de difusión que ten o Programa.

Impacto:

As acción levadas a cabo polo persoal voluntario están a contribuír na xeración de capital social e dunha maior cohesión entre os residentes do centro.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

D. José Pérez Martínez

Entidade:

Residencia Mixta de Maiores de Caranza-Ferrol

Teléfono:

981 316 211

Enderezo:

R/ Emilia Pardo Bazán-Caranza 15406 Ferrol

Enderezo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Páxina Web:

 

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A boa práctica do Voluntariado Interno do Centro-Residencia de maiores de Caranza-Ferrol ven recoñecida pola Xunta de Galicia a partires da obtención do galardón Premio Voluntariado Maiores 2012.
A innovación do programa de voluntariado está presente tanto na dimensión funcional como a nivel das necesidades e oportunidades da acción emprendida. Facendo do programa unha práctica factible dende os puntos de vista económico, interno e técnico e, grazas a simplicidade da súa definición, pode ser obxecto de transferibilidade noutros centros de semellantes características.
A planificación do programa e avaliación de resultados permitirán identificar o grao de consecución dos obxectivos sinalados