Proxecto MEMOGA, a memoria de Galicia.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

01-10-2007

Data de finalización:

01-06-2008

Entidade:

Fundación Nova Caixa Galicia (antiguamente Obra Social Caixa Galicia)

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo,Monforte, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago de Compsotela,

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Memoga é un proxecto educativo para persoas maiores que pretende incrementar o seu grao de benestar a través da obtención de maiores cotas de saúde (Saúde e condicións de vida) así como loitar contra a exclusión social xerando espazos de participación. Memoga utiliza novos métodos e técnicas que achegan o coñecemento e as destrezas necesarias para cambiar actitudes,valores e sensibilidades.
Memoga non é só un programa que procura estimular as capacidades cognitivas das persoas maiores que se atopen en declive, ou un programa que procura potenciar ou valorar a experiencia que os maiores adquiriron durante os anos. É unha combinación de ambos, onde as achegas da psicoloxía combínanse coas da socioloxía e a antropoloxía para tratar multidimensionalmente a realidade dun perfil concreto de persoa maior.

Motivacións para implantar a experiencia:

Para as persoas maiores, Memoga serve como autocoñecemento, como paso previo á autoaceptación de maneira que se prevén e minimiza a súa desvinculación e favorécese a súa adaptación ao medio fisico e social.
Para a sociedade, Memoga consegue unha democratización na sociedade aproveitando as achegas e logrando unha mellor integración de todos os membros da comunidade.

Obxectivos:

O proxecto Memoga ten como obxectivos xerais e especificos:
1.Coñecer o funcionamento e limitacións da súa mente e potenciar a súa metamemoria
o Desenvolver explicacións sinxelas cada vez que se presenten interrogantes.
o Adestrar estratexias que palíen os déficits.
2.Realizar intervencións globais que tendan a estimular e manter as capacidades mentais, así como tamén, a obter un mellor rendemento cognitivo e unha mellor autonomía persoal.
o Tratar as diferentes capacidades cognitivas a través de exercicios específicos.
o Detectar posibles inicios de demencia e actuar en consecuencia.
o Explicar a utilidade para a vida diaria do que están a traballar para dar seguridade e autonomía.
3.Estimular a autoestima e a identidade persoal e social.
o Dar espazo para a presentación dos propios recordos e vivencias.
o Reforzar os seus éxitos e minimizar os seus fracasos.
o Reforzar o seu labor e achega á sociedade e cultura galega.
o Fomentar que desencadeen os seus “revisións vitais” como proceso de aceptación do paso do tempo e maduración do concepto filosófico de existencia.
o Atender as necesidades de apoio psicolóxico.
4. Experimentar relacións persoais de calidade que lles axuden a satisfacer as súas necesidades socio-afectivas e a aumentar o seu sentimento de pertenza á comunidade.
o Motivar a interrelación e a aparición de amizades.
o Regular os conflitos que xurdan nos seus interrelaciones.
o Promover que transmitan os seus coñecementos ao resto da comunidade, principalmente a xeracións novas, mediante a elaboración de charlas ou publicacións que reflictan a súa sabedoría.

Poboación obxectivo:

Persoas usuarias da rede de centros da Fundación Nova Caixa Galicia que teñen máis de 55 anos, galega ou que vivise en Galicia, e con ganas de compartir as súas experiencias.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A experiencia, na actualidade, non conta con vinculacións con outros programas e actuacións.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

O proxecto Memoga elabórase a partires das seguintes fases de actuación:
• Preparación de recursos humanos e físicos.
• Deseño de actividades (Sesións).
• Celebración das sesións nos centros de rede da Fundación Nova Caixa Galicia.

 Actores que interveñen:

• Fundación Nova Caixa Galicia.Asociación non lucrativa que intervén en todas as fases do proxecto.

 Recursos que dispoñen

• Recursos económicos: fondos propios da Fundación.
• Recursos humanos: persoal laboral dos centros da rede da Fundación Nova Caixa Galicia.
• Outros recursos: sistemas informáticos de presentación e proxección de contidos audiovisuais

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

O proxecto Memoga conseguiu:
• A participación de máis de 130 persoas maiores, usuarias dos centros da rede.
• A impartición dun importante número de sesións temáticos que constitúen o proxecto “Memoria de Galicia” entre as que destacan especialmente 33 sesións recollidas na obra “MEMOGA.La memoria de Galicia: un estimulo para el recuerdo” (Sergio Fernández Aldrey).
• A celebración das sesións temáticas nos seguintes centros da rede: A Coruña; Betanzos; Ferrol; Lugo; Monforte; Ourense; Pontedeume; Pontevedra; Santiago de Compostela e Viveiro.

Documentación producida:

- MEMOGA. La memoria de galicia: un estímulo para el recuerdo

Descargas:

Difusión:

Para a difusión do proxecto Memoga, utilizáronse os medios propios da Fundación Nova Caixa Galicia.

Impacto:

A boa práctica non recolle medidas de impacto.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Ana María Doval Pérez

Entidade:

Fundación Nova Caixa Galicia

Teléfono:

981 18 70 76

Enderezo:

Enderezo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Páxina Web:

 http://www.obrasocialncg.com/es/

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A boa práctica Memoria de Galicia (Memoga) aporta un alto grao de innovación a nivel funcional porque desenvolve novas técnicas, e detecta necesidades na poboación maior usuaria da rede de centros da Fundación Nova Caixa Galicia.
Memoga é un proxecto transferible de acordo á súa formulación simple, á súa capacidade para xerar ideas e adoptar o método seguido noutros contextos territoriais. A súa viabilidade economíca e interna se adecua á capacidade da organización para dotar a Memoga da suficiencia técnica achegada polas persoas docentes que interveñen no proxecto que, xunto á participación dos beneficiarios da actuación, fan do proxecto un referente técnico en rememorar o pasado a través do noso presente.