Mais e Mellor Actividade Física (MMAF)

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida

Data de inicio:

2012

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Presidencia da Xunta de Galicia

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

Galicia

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O programa Máis e Mellor Actividade Física (MMAF) é un programa educativo que ten como finalidade posibilitar unha acción transversal, compartida e común das materias de Coñecemento do Medio e Educación Física que promova hábitos de vida activa e saudable a través do incremento de actividade física realizada dentro do horario lectivo da sinatura de Coñecemento do Medio.
Este programa permite ó alumnado experimentar como, a través das actividades máis sinxelas, podemos incorporar, ao noso día a día, unha actividade física que incremente a nosa calidade de vida, mellore a nosa saúde e preveña enfermidades.

Motivacións para implantar a experiencia:

Enténdese que a actividade física implica un movemento corporal nun contexto físico, social e cultural determinado. De tal xeito que, ademais de constituír un fenómeno biolóxico (que permite o coñecemento das estruturas e funcionamento do propio corpo dun xeito integral), facilita a interacción cos/as compañeiros/as e co medio ambiente (o mundo físico no que nos desenvolvemos) e a transmisión de valores e tradicións.
Baixo esta visión, a colaboración entre as dúas materias, coñecemento do medio e Educación Física, xurde dun xeito natural, propiciando a innovación educativa a través dun proxecto interdisciplinario compartido.

Obxectivos:

Os obxectivos xerais do programa Máis e Mellor Actividade Física son:
1.Asegurar un incremento da cantidade diaria de actividade física de calidade dentro do horario lectivo dos escolares galegos.
2.Facilitar a adquisición das competencias e os coñecementos relacionados con ambas materias, dun xeito más innovador e dinámico, que posibiliten unha transferencia cara o tempo de lecer do alumnado, en busca dun ocio mais activo e saudable.
3.Relacionar a práctica de actividade física e o coñecemento e interrelación co medio co tratamento da información e competencia dixital a través das novas tecnoloxías como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.

Poboación obxectivo:

O alumnado de primaria dos centros sostidos con fondos públicos (públicos e concertados).

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O programa Máis e Mellor Actividade Física forma parte do Plan Proxecta e está incluído no Plan Galego para o fomento da Actividade Física (Galicia Saudable).
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con distintos organismos que busca fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
Galicia Saudable é un plan que pretende mobilizar a toda a sociedade galega detrás dun obxectivo común: promover a práctica de actividade física como vía para alcanzar unha mellor saúde. A misión de Galicia Saudable é lograr que a poboación galega goce dun estilo de vida o suficientemente activo para conservar a saúde e a autonomía persoal, gozando de maior benestar e calidade de vida, e previndo e reducindo a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa actividade física.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

Ó ser un programa que se executa en múltiples centros educativos a variedade e diversidade a hora de levar a cabo o programa ven determinada polo creatividade e innovación do profesorado de cada centro participante.
O denominador común do programa pódese resumir indicando que, no programa Máis e Mellor Actividade Física, o profesorado pode compartir unha hora semanal da materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural adicándoa á realización dunha programación de actividades que, partindo dos currículos educativos de ambas materias e respondendo ás necesidades e intereses das mesmas, se realicen a través de tarefas que supoñan unha carga de actividade física.

 Actores que interveñen:

- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Administración autonómica). Intervén na organización, apoio e Avaliación como entidade promotora.
- Presidencia da Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte (Administración autonómica). Intervén no apoio ao proxecto como entidade promotora.
- Centros educativos de Primaria (Administración autonómica), Interveñen na implementación como entidade beneficiarias.

 Recursos que dispoñen

- Outros recursos: Plan de Formación anual do Profesorado; Plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable).

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Datos dos centros participantes no curso escolar 2012-2013:


Mais e Mellor Actividade Física (MMAF)

•Centros admitidos: 52
•Proxectos presentados: 43
•Proxectos aptos: 29
•Profesorado con certificación final: 76

XOGADE
•Centros admitidos: 193
•Proxectos presentados: 155
•Proxectos aptos: 127
•Profesorado con certificación final: 490

Documentación producida:

- Plan Galego para o fomento da actividade Física.
- Info Plan proxecta.
- Resolución 2012 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Descargas:

Documento_1

Documento_2

Difusión:

Para a difusión das experiencias MMAF e XOGADE, utilízanse as seguintes canles:
•Web de Galicia Saudable: http://galiciasaudable.xunta.es
•Perfil de facebook: https://www.facebook.com/galiciasaudable
•Notas de prensa e canles propios de difusión (web proxecta; Redeiras; etc.).
•Dípticos promocionais
•Exemplos de web/blog dalgunhas experiencias MMAF + XOGADE: CEIP DE RUBIANS: http://xogandoenrubians.blogspot.com.es/ CEIP ESCULTOR ACUÑA:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipescultoracunha/node/160
•Exemplos de web/blog dalgunhas experiencias XOGADE – MOVETE+: CEIP DE BANDEIRA http://www.youtube.com/watch?v=psBP5VyK768&feature=youtu.be IES DE MELIDE http://iesmelideproxecta.weebly.com/index.html

Impacto:

Aínda que son poucos os meses de execución do proxecto e, por tanto, o seu impacto é complexo de calcular, pódese concluír a importancia das accións emprendidas cos seguintes datos do curso 2012/2013:
•Número de alumnos/as beneficiarios/as das actuacións: 1.696
•Profesores/as que recibiron a formación nos meses de febreiro e marzo: 71

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Laura María Mosquera Escudero

Entidade:

Consellería Cultura, Educación e Ordenación Univ.

Teléfono:

881 99 98 40

Enderezo:

Estadio Multiusos de San Lázaro, portal 4, 15781,

Enderezo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Páxina Web:

 http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O deseño e execución destas actividades requiren un alto grao de aceptación polo persoal docente dos centros participantes. Do seu interese depende o mantemento e sustentabilidade destas actuacións polo que a experiencia logrou un gran respaldo dos/das profesores/as dos centros. Así mesmo, a relación co medio ambiente e o aproveitamento dos recursos humanos xa existentes, dotan a experiencia dun alto grao de factibilidade.
A capacidade da experiencia de adaptarse aos diferentes contornos e necesidades dos centros educativos, a capacidade de recuperar os recursos investidos en formación a través das actividades realizadas o da simplicidade da idea, fan de Mais e Mellor Actividade Física, unha experiencia transferible a outras administracións públicas e entidade privadas.