Aulas 3ª idade de Galicia.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

1978

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL)

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

Santiago, Coruña, Padrón, Ferrol, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Aulas 3ª Idade de Galicia é un programa que se inicia no 1978, da man do xesuíta Francisco Verdú Garrido, como unha resposta específica as demandas educativas e culturais das persoas maiores de 60 anos. A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL), dende a súa creación 1995, ocúpase da xestión das Aulas 3ª Idade de Galicia. O programa fomenta a saúde e a prevención de enfermidades, a formación (Incluíndo as TICs) así como o fomento da participación na toma de decisións.

Motivacións para implantar a experiencia:

Nunha recen creada democracia, no 1978, póñense de manifesto as demandas educativas e culturais das persoas maiores. Estas demandas teñen como eixe a cultura e a mellora da calidade de vida, da saúde integral e o benestar das persoas maiores.

Obxectivos:

Obxectivo principal:
A promoción sociocultural das persoas de 50 anos ou máis da poboación galega que desexan perfeccionar a súa formación integral contribuíndo así á elevación do nivel cultural da sociedade galega.
Obxectivos específicos:
• Promover a cultura, entre tódalas persoas maiores facilitándolles a adquisición de novos coñecementos e a actualización dos que xa posúen.
• Facilitar o coñecemento da historio, a literatura, a xeografía, a arte e o patrimonio cultural de Galicia, así como dos cambios económicos, sociais e culturais que teñen lugar na nosa sociedade.
• Motivar o interese e facilitar a participación en todas aquelas iniciativas e acontecementos cívicos de carácter cultural, artístico e social promovidos en beneficio das persoas maiores.
• Concienciar á sociedade no seu conxunto dos problemas que afectan a este colectivo, fomentando a participación das propias persoas maiores na busca de alternativas e solución.
• Facilitar a posibilidade de que as persoas maiores empreguen o seu tempo de lecer en actividades de carácter creativo e artístico continuando o seu proceso de desenvolvemento e formación persoal, así como en programas de animación e voluntariado.
• Facilitar a convivencia entre as persoas da Terceira Idade e cos máis xoves a través de intercambios e debates interxeracionais, así como a adaptación á situación de xubilación.
• Promocionar a saúde integral mediante a información, a educación sanitaria, o exercicio físico axeitado e o desenvolvemento psíquico e intelectual acordo coas posibilidades persoais.
• Promover os intercambios con outros colectivos de Terceira Idade e cos programas similares levados a cabo a nivel rexional, nacional e internacional, tanto polas Universidades da Terceira Idade como por outras institucións públicas e privadas cuxos obxectivos e metodoloxía correspondan á filosofía da Aulas.
• Fomentar a investigación de calquera temática vinculada coa problemática da Terceira Idade e divulgar proxectos e iniciativas novedosas neste eido.
• Dar a coñecer a problemática da Terceira Idade aos colectivos máis xoves, especialmente nos centros de ensinanza secundaria e superior.
• Facilitar a incorporación das persoas maiores a programas e proxectos de solidariedade interxeracional, formándoos especialmente para realizar tarefas de voluntariado cultural e social nas que se poñan de manifesto os novos roles que as persoas maiores poden representar na nosa sociedade.

Poboación obxectivo:

Persoas de 50 ou máis anos da poboación galega que desexan perfeccionar a súa formación integral.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

ATEGAL é entidade colaboradora da Xunta de Galicia. Os/As alumnos/as das Aulas participan en varios proxectos de envellecemento activo que a Xunta de Galicia desenvolve xunto con outras entidades.
ATEGAL forma parte do Consello Municipal de Persoas Maiores dos Concellos onde ten sede e, coa mayoría destes Concellos, teñen convenios de colaboración para proxectos específicos.
ATEGAL ten convenios coas tres Universidades galegas o que lle permite levar a cabo un importante traballo de intercambio de coñecemento así como realizar actividades interxeracionais.
Colabora e participa no desenvolvemento de proxectos con entidades privadas coas que comparte fins comúns.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

O curso comeza a principios do mes de outubro e dura ata finais de maio. As actividades impártense de luns a venres como nun calendario escolar.
As actividades de carácter permanente que se desenvolven nas Aulas 3ª Idade de Galicia versan sobre as seguintes grandes áreas:
• Área cultural: Idiomas, historia da arte e de Galicia, xeografía, historia viva, literatura española e galega, cultura galega e historia da música.
• Área ocupacional: debuxo e pintura ao óleo, pintura en tea, traballos manuais, música, solfeo, rondalla, teatro e informática.
• Área da saúde: ioga, pilates, ximnasia de mantemento, taichí, obradoiro de memoria, habilidades sociais, risoterapia e danzaterapia.
• Área de lecer: celebracións de magosto, Nadal, Entroido, letras galegas, viaxes e visitas culturais a museos e exposicións, inauguracións e clausuras de curso, participación en encontros e congresos, a viaxe anual de fin de curso, etc.
Ademais das actividades permanentes ofértanse outras actividades complementarias:
• Conferencias sobre Saúde e Benestar para os maiores.
• Xornadas de Animación á Lectura.
• Asistencia a Concertos no Auditorio de Galicia.
• Programa de saúde, con asistencia a balnearios.

 Actores que interveñen:

• Alumnos/as (Persoas individuais). Orixe e destinatarios dos programas.
• Profesores (Persoas individuais). Participantes na implementación dos programas.
• Coordinadores/as Locais (Persoas individuais). Organizadores/as dos programas e participan na implementación, coordinación e avaliación dos programas.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos e materiais:
• Matrícula alumnos/as.
• Concellos.
• Xunta de Galicia.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

A maiores da realización dos cursos anuais das Aulas 3ª Idade de Galicia dende 1978:
Realización de 5 Foros de Relacións Interxeracionais en colaboración coa Xunta de Galicia e varias entidades.
Participación dos alumnos das Aulas no programa de Telegerontología,Mi Avizor y SAT- TV (programas que desenvolven servizos e produtos de tecnoloxía social e accesible).
Como entidade colaboradora do Programa Voluntariado Dixital (Xunta de Galicia), participación en varios actos y programas de achegamento das TICs aos maiores.
Colaboración con AGASDEP para la realización de Enquisas a persoas que viven soas.
Colaboración con FEGADACE para la impartación de conferencias de Hábitos de vida saúdables.

Documentación producida:

- Revista ATEGAL.
- Memoria 2012.

Descargas:

Documento_1

Documento_2

Difusión:

Accións de difusión nas contornas onde se ubican as sedes de ATEGAL.
https://www.facebook.com/pages/Ategal-Aulas-de-Tercera-Edad-de-Galicia/240104269384360
https://twitter.com/ategal
http://www.ategal.com/gz/inicio.htm

Impacto:

Incremento da autonomía persoal e calidade de vida das persoas que participan no programa así como do seu entorno.
Fomento do vínculo de unión e pertenza a unha entidade por parte dun colectivo que comparten os mesmos intereses e inquedanzas.
Formación para que os maiores sexan persoas que participen na sociedade actual con coñecemento, con voz e con voto.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Paula Sande Nieto

Entidade:

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente

Teléfono:

981581533 /618184344

Enderezo:

Rúa Virxe da Cerca 31 15703. Santiago de Compostel

Enderezo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Páxina Web:

 http://www.ategal.com/gz/inicio.htm

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 Unha axeitada definición e planificación das actividades a desenvolver é o factor clave que permite a ATEGAL e as Aulas 3ª Idade de Galicia asolir os seus obxectivos. Obtendo un grao elevado de efectividade na súa actuación e un impacto positivo tanto na activación dos alumnos das aulas como no fomento e consolidación dun sentimento de pertenza a un grupo.
A capacidade de xerar espazos de participación para os estudantes determinan o enriquecemento e a lexitimación das actividades levadas a cabo.
A intensa e permanente colaboración interinstitucional proporcionalle a característica de innovación relacional que facilita a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas.