UNED Senior da Coruña.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

Saude e condicións de vida,Laboral e emprego,Participación

Data de inicio:

01-10-2008

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)

Categoría da entidade:

Entidade pública

Área xeográfica da experiencia:

Supramunicipal

Territorio de actuación:

Galicia

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

A UNED Sénior da Coruña é un programa universitario para maiores que se desenvolve integramente no medio rural como mecanismo que asegura a participación das persoas maiores a través da educación, o aprendizaxe permanente e a inclusión social.

Motivacións para implantar a experiencia:

A UNED Sénior da Coruña naceu no marco da “UNED Sénior” como resposta a demanda formulada expresamente polo Consello de Anciáns de Xestoso - Cambás (primeiro Consello legalizado en España).
O Consello de Anciáns de Xestoso reclamaba un achegamento da Universidade ó medio rural, en xeral e, en concreto, a implantación dun programa universitario para maiores deste entorno. Esta petición pretendía paliar aspectos definitorios dos programas universitarios para persoas maiores como son o difícil acceso a estes estudios das áreas rurais e afastadas dos centros universitarios, así como a escasa mobilidade ou recursos que poden ter os alumnos destes ámbitos. E, pretendía achegar este tipo de programas e a súa incidencia na calidade de vida dos maiores do medio rural.

Obxectivos:

O obxectivo fundamental da UNED Sénior da Coruña reside, primordialmente, na oferta cultural, o fomento da interrelación, a mellora na calidade de vida, o fomento da autonomía persoal e a participación activa dos maiores na súa contorna.

Poboación obxectivo:

A UNED Sénior da Coruña diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da súa formación académica, que viven no medio rural e están interesadas en enriquecer os seus coñecementos, incrementara a súa actividade e a súa relación coa contorna.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A UNED Sénior da Coruña desenvólvese no marco da "UNED Sénior" da Universidade Nacional de Educación a Distancia.

 

IMPLEMENTACIÓN

 

Fases ou liñas de actuación:

O Programa UNED Sénior da Coruña desenvólvese presencialmente en espazos que non supoñen un gran desprazamento para os alumnos.
A concepción presencial motívase polas seguintes razóns:
• Carencia dunha infraestrutura de TICs axeitada.
• O factor psicolóxico que provoca nos maiores o achegamento real e físico da Universidade ao medio rural, como un xeito de valoración da súa achega á sociedade.
• O sentimento de que a implantación física da Universidade na zona serve para revitalizar a súa contorna e propiciar o aproveitamento racional e eficiente das infraestruturas e servizos existente.
O deseño das materias ofertadas corresponde á Dirección, aínda que esta recolle as suxestións feitas tanto polos alumnos como por outros axentes implicados no programa.
A implementación do programa docente é responsabilidade do profesorado. O profesorado é seleccionado pola súa formación, capacitación e experiencia na educación de persoas maiores, así como e valorado moi positivamente a súa vinculación co entorno no que se desenvolve o programa.
A avaliación do programa e do profesorado faise de xeito rigoroso a través de cuestionarios de satisfacción do alumnado, titores e coordinadores co obxectivo dunha mellora continua no deseño e execución do programa.

 

 Actores que interveñen:

• UNED (Entidade pública). Intervén en todas as fases do programa como entidade promotora.
• Concellos (Administración local). Interveñen na fase de implementación como entidades colaboradoras.
• Asociacións (Asociación non lucrativa). Interveñen na fase de deseño e implementación como entidades colaboradoras.
• Consello de Anciáns de Xestoso – Cambás (Asociación non lucrativa). Intervén na fase de deseño como entidade colaboradora.
• Consello de Maiores de Paderne (Asociación non lucrativa). Intervén na fase de deseño como entidade colaboradora.
• Conselllo de Maiores de Labrada (Asociación non lucrativa). Intervén na fase de deseño como entidade colaboradora.
• Consellería de Traballo e Benestar (Administración autonómica). Intervén na fase de implementación como entidade cofinanciadora e colaboradora.

 Recursos que dispoñen:

Recursos económicos:
• Fondos propios.
• Co financiación Consellería de Traballo.
• Prezos públicos.
Recursos humanos:
• Recursos propios.
• Pesoas membros da congregación de Xestoso.

RESULTADOS

 

Produtos obtidos:

A UNED Sénior da Coruña dende o seu nacemento no curso 2008-2009 contou con 1.082 alumnos/as.
A distribución de alumnos/as por cuadrimestres e cursos é:
1º Cuadrimestre:
2008-2009: 106 estudantes.
2009-2010: 147 estudantes.
2010-2011: 131 estudantes.
2011-2012: 157 estudantes.
2º Cuadrimestre:
2008-2009: 115 estudantes.
2009-2010: 122 estudantes.
2010-2011: 161 estudantes.
2011-2012: 142 estudantes
Os alumnos matricúlanse nunha media de 3 materias anuais.
Ata a data, 56 alumnos superaron un total de 30 créditos, o que lles da dereito á obtención dun diploma Sénior, expedido polo Reitorado da UNED.
O número de sedes físicas da UNED Sénior da Coruña pasou de una, no planeamento inicial, a tres, en tres municipios diferentes,para atender á demanda dos alumnos e a súa esixencia de descentralización. Na actualidade a UNED Sénior da Coruña conta con cinco sedes.
O programa estendeu o seu ámbito xeográfico de influencia. Na actualidade desenvólvese nunha área que abarca os municipios de Aranga, Irixoa, Guitiriz, Monfero, Paderne e Xermade (todos eles caracterizados por unha ampla extensión, unha poboación escasa, dispersa e envellecida e unha rede de comunicacións marcada pola orografía tipicamente galega).
A UNED Sénior da Coruña conta coa implicación activa dos Concellos de Aranga, Irixoa, Guitiriz, Monfero, Paderne e Xermade, dos Consellos de Maiores de Xestoso, Paderne, Momán e Labrada, e cunha ampla representación do tecido asociativo da contorna.
O programa contribúe á rehabilitación de diferentes infraestruturas (casas reitorais, escolas unitarias) e a un uso máis eficiente das mesmas, fomentado o encontro interxeracional (escolas utilizadas tamén polos maiores; centros de maiores con aulas tecnolóxicas aproveitadas polos mozos e mozas, etc.).

Documentación producida:

La UNED senior da A Coruña. Peculiaridades de un programa universitario para mayores en el entorno rural (2013).

Descargar:

Difusión:

A principal canle de difusión que emprega a UNED Sénior da Coruña é o tecido asociativo do territorio. Pero, tamén é notoriamente destacable a tarefa que realiza o párroco de Xestoso como “lider” do programa.
O recoñecemento do programa como boa práctica na implantación da formación universitaria nun ámbito rural por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social está a ser unha excelente carta de presentación e difusión do mesmo.

Impacto:

Incremento de espazos onde fomentar o coñecemento e o intercambio interxeracional.
Recuperación de espazos de reunión, de formación e culturais para os Concellos colaboradores e para a súa poboación.
Vertebración das relacións entre as asociacións cívicas locais e a UNED, contribuíndo a xeración de complementariedades nas súas actuacións.
Consecución de marcos estables de cooperación cos Concellos colaboradores.

MAIS INFORMACIÓN 

 

Persoa de contacto:

Dña. Susana Blanco Miguélez

Entidade:

UNED A Coruña

Teléfono:

981145051 /981145961

Enderezo:

Calle Pepín Rivero, 3- 15011 A Coruña

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.acoruna.uned.es/

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A boa práctica da UNED Sénior da Coruña ven recoñecida polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través do recoñecemento da súa incidencia no ámbito de envellecemento activo como a única universidade para persoas maiores no medio rural en España.
A innovación no programa da UNED Sénior da Coruña está presente tanto na dimensión estrutural da UNED, significando este programa unha evolución na organización da entidade no referente á prestación dos seus servizos, como na dimensión relacional, xerando e consolidando redes de colaboración na co-xestión do programa entre a UNED, as administracións locais do territorio, o tecido asociativo e os espazos de participación presentes no territorio.
O Párroco de Xestoso, Don Luis Angel Rodríguez Patiño, exerce un claro “liderado social”, pola súa capacidade de artellar proxectos e forzas sociais e de negociar e establecer pautas de colaboración e partenariado entre a comunidade e as organizacións do territorio.