Apoio temporal a familias con persoas maiores a cargo (Respiro familiar).

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Laboral e emprego,Participación,Seguridade

Data de inicio:

2005

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Cruz Vermella Ourense

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

Ourense

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Respiro Familiar é un servizo que proporciona apoio a coidadores e familiares de persoas que precisan unha atención continua, por motivos de idade, enfermidade e dependencia. O servizo ofrécelles seguridade nas tarefas que realizan a diario, contribuíndo a reducir a incerteza, a progresar no seu desempeño e contar con espazos de respiro para a xestión dalgún tempo para sí mesmos. Permite a conciliación laboral, potencia a inclusión social e incrementa o grao de seguridade a través do apoio aás persoas coidadoras non profesionais.

Motivacións para implantar a experiencia:

A sustentabilidade do actual sistema de benestar en materia de atención e asistencia de longa duración está a depender dos coidadores non profesionais. Da saúde física e mental destes coidadores non profesionais depende, en gran medida, a calidade da atención e da asistencia recibida polas persoas que precisan os seus coidados, por iso é clave traballar para minimizar o impacto negativo que leva consigo o desgaste persoal e a sobrecarga diaria, introducindo actividades e figuras de apoio.

Obxectivos:

Mellorar o grao de benestar dos coidadores non profesionais e/ou das familias que teñen persoas dependentes ó seu cargo.

Poboación obxectivo:

Coidadores non profesionais e familiares que atenden a persoas dependentes de xeito permanente.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O programa de apoio temporal a familias con personas a cargo é un programa da Cruz Vermella de dimensión estatal, que se desenvolve en máis de 30 provincias. A pesar de ter unhas liñas de actuación comúns, as actividades varían segundo o ámbito de actuación no que se desenvolva a actividade e as características do grupo de intervención.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

A participación en Respiro Familiar iníciase a través dunha solicitudepor parte da persoa interesada.
Seguidamente, faise unha valoración tanto da persoa dependente como do/a coidador/a non profesional co obxectivo de determinar o grao de dependencia, de deterioro cognitivo do dependente e a carga horaria que supón sobre a persoa coidadora.
A inclusión no proxecto Respiro Familiar supón recibir o servizo de apoio por parte do voluntariado. O/a voluntario/a presta o servizo dous días a semana un máximo de catro horas a semana.
Efectúase unha avaliación periódica a través de chamadas de seguimento e visitas dos profesionais, traballador/a social e psicólogo/a, para comprobar o estado da persoa dependente.
Os coidadores non profesionais reciben información das actividades e cursos sobre prevención e atención das situacións de dependencia que se levan a cabo no marco do proxecto, e tamén dos grupos de apoio onde se traballan temas de sobrecarga psicoemocional, autoestima, habilidades sociais, etc.

 Actores que interveñen:

• Coordinación da Cruz Vermella de Ourense (Entidade non lucrativa). Intervén nas fases de deseño e avaliación do programa como entidade promotora.
• 1 técnica da Cruz Vermella de Ourense (Entidade non lucrativa). Intervén nas fases de deseño e implementación do programa como entidade promotora.
• Voluntarios/as da Cruz Vermella de Ourense (Entidade non lucrativa). Interveñen nas fases de implementación do programa como persoas colaboradoras.
• Coidadores/as non profesionais. Interveñen nas fases de implementación e avaliación do programa como persoas colaboradoras.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos:
• Fondos propios.
• IRPF.
Recursos humanos:
• 1 traballadora social.
• 36 persoas voluntarias.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Ó longo do 2012 apoiose a 59 familias, con un total de 115 usuarios tanto directos coma indirectos. A totalidade dos mesmos manifestan a sua satisfacción co proxecto, dado que, gracias a este servizo, conseguiron mellorar tanto o seu propio benestar como o do núcleo de convivencia. Unha gran maioria dos/as usuarios/as acuden tanto as charlas como ao grupo de autoapoio e recoñecen o beneficioso que teñen este tipo de actividades, tanto en cuanto a prevención e promoción da saúde como para evitar o illamento social. Destacan moi positivamente o descanso que supon o acompañamento domiciliario, dado que ademais de deixarlles tempo para o seu autocoidado fai que retomen a sua tarefa con enerxías renovadas. Realizaronse, dende o proxecto, un total de 18 charlas formativas/ informativas con contidos tan interesantes como é o manexo de silla de rodas ou como coidar ó coidador. O grupo de autoapoio reúnese, como mínimo, unha vez ó mes, e nalguns casos, segundo a disponibilidade das persoas usuarias, con periodicidade quincenal.

Documentación producida:

Díptico programa respiro.

Descargas:

Difusión:

A Cruz Vermella conta cunha estrutura de gran dimensión que ofrece ampla difusión a tódolos niveis no tocante ás necesidades e existencias de actuacións así como a necesidade de persoal voluntario para a execución das memas.

Impacto:

Recuperar a saúde e motivación dos/as coidadores/as non profesionais que participan neste programa Respiro Familiar.
Crease unha rede informal de persoas que comparten problemas similares no coidado de familiares dependentes, atopando así un espazo onde canalizar ansiedades, emocions e información.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Natividad Álvarez Matías / Marisa Visitación López

Entidade:

Cruz Vermella Ourense

Teléfono:

988 222 484

Enderezo:

Diaz de la Banda 40. Ourense.

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.cruzroja.es

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O programa Respiro Familiar ten una formulación simple e un claro impacto positivo que o fan totalmente transferible e factible, tanto en termos de viabilidade técnica como social.
O sistema de avaliación empregado corrobora a súa viabilidade, xa que habilita ferramentas que permiten observar a realidade, as necesidades, as solucións e redefinir os obxectivos e medidas en función dos resultados.