Comer ben senta ben

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

2011

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

Cabana de Bergantiños

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

“Comer ben senta ben” desenvólvese no marco dos proxectos comunitarios que leva a cabo o Centro de día de Cabana de Bergantiños, co principal obxectivo de abrirse, como centro, á comunidade e promover que o traballo realizado no centro sexa visible para toda a comunidade e en concreto para a xente maior. Esta iniciativa busca incidir e fomentar hábitos nutricionais saudables entre a poboación de maiores do concello de Cabana de Bergantiños. A actividade desenvólvese coa activa participación dos veciños/as, exercendo de profesores e explicando e demostrando a elaboración das súas receitas, nunha primeira edición, ata con recoñecidos profesionais da hostalería da zona, nas últimas edicións.

Motivacións para implantar a experiencia:

A preocupación e interese dos responsables da iniciativa por incidir, na medida das súas posibilidades, na importancia dunha nutrición axeitada como base tanto para prolongar a vida e mellorar o sistema inmunolóxico como para aumentar a calidade de vida, a través de obradoiros de cociña sinxela e saudable.

Obxectivos:

Os principais obxectivos que se propón a experiencia Comer ben senta ben son:
• Coñecer novas formas de cociñar sinxelamente.
• Ampliar o abano de posibilidades de cociñar que ofrece un mesmo alimento.
• Difundir e fomentar o arte de elaborar os alimentos de xeito saudable.
• Promover a participación e as relacións interpersoais.
• Acercar a cociña o sector de maiores de xénero masculino.
• Retomar no xénero feminino a involucración nas tarefas da cociña.
• Concienciar da importancia dunha comida saudable.

Poboación obxectivo:

Os maiores de 65 anos veciños do Concello de Cabana de Bergantiños.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A iniciativa "Comer ben senta ben" do Centro de día de Cabana de Bergantiños enmarcarse dentro das actividades realizadas no marco do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal "Envellecemento + activo" para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e promoción do envellecemento activo e saúdable.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

"Comer ben senta ben" conta cunha primeira fase de captación dos poñentes e as receitas que van espoñer. A segunda fase é a difusión da actividade entre a poboación obxectivo. E a última fase é a realización da actividade - a impartición dos cursos por parte dos veciños do Concello ou dos profesionais en hostaleria e nutrición.

 Actores que interveñen:

- Centro de día de Cabana de Bergantiños(Xunta de Galicia).Intervén en todas as fases como entidade promotora.
- Concello de Cabana de Bergantiños (Concello - Administración local). Intervén na fase de difusión como entidade colaboradora.
- Profesionais da Hostaleria e Restauración da Comarca (Empresa privada). Intervén na fase de implementación como entidade colaboradora.

 Recursos que dispoñen

- Recursos económicos: fondos propios.
- Recursos humanos: persoal do Centro de día; Veciños voluntarios;Recoñecidos cociñeiros e nutricionistas da comarca voluntarios.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

O longo das tres edicións levarónse realizouse: 1ª edición 8 obradoiros, 2ª edición 8 obradoiros e 3ª edición 9 obradoiros. Cunha asistencia de 534 participantes en total. Elaboración dun receitario que recolle as receitas presentados ó longo do curso.

Documentación producida:

Receitarios

Descargas:

Difusión:

A difusión dos obradoiros de cociña fíxose, nas primeiras edicións, a través do Concello de Cabana de Bergantiños mediante a difusión na súa páginas web e a través dos seu Boletín Informativo. Na última edición realizada non se poido levar a cabo a difusión xa que antes de poder emitila as prazas do curso quedaron cubertas, a través do boca- orella.

Impacto:

Consolidación da actividade como períodica. Consolidación dun grupo de persoas que asisten a todas as edicións e que demandan a actividade, e incremento dos asistentes ás mesmas. Logróuse unha maior implicación da comunidade e obter a participación de recoñecidos hostaleiros da zona e importantes nutricionistas no desenvolvemento da da actividade.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Eva Cousillas Ramos

Entidade:

Centro de día de Cabana de Bergantiños

Teléfono:

981 71 47 80

Enderezo:

Lugar do Balado 69 - Cesullas - Cabana de Berganti

Enderezo electrónico:

cabanadebergantinhos.consorcio@igualdadebenestar.o

Páxina Web:

 http://www.igualdadebenestar.org

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A sinxeleza na formulación da experiencia fai desta unha práctica totalmente transferible a outros contextos e lugares.
A colaboración interinstitucional confirelle o trazo de innovación relacional que proporciona a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas, colaboración que se abre a entidades do entorno e a propia cidadanía na fase de implementación da actividade.