Discorrer o pé da auga

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida

Data de inicio:

2011

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Malpica, Camariñas,Zas.

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

“Discorrer o pé da auga” desenvolvese no marco dos proxectos comunitarios que leva a cabo o Centro de día de Cabana de Bergantiños, co principal obxectivo de abrirse, como centro, á comunidade e promover que o traballo realizado no centro sexa visible para toda a comunidade e en concreto para a xente maior. Esta iniciativa pretende conxugar o fomento dun hábito tan saudable como o camiñar, e polo tanto o exercicio físico, co aspecto máis cultural de coñecemento do entorno e aproveitamento dos recursos naturais e paisaxísticos da comarca a través de andainas culturais para persoas maiores de 55 anos.

Motivacións para implantar a experiencia:

Aproveitamento dos recursos naturais, paisaxísticos e culturais existentes no territorio, como marco para o desenvolvemento dunha actividade de promoción da saúde e fomento do exercicio físico, co obxectivo de contribuír á promoción dun estado óptimo da saúde física e social da poboación de máis de 55 anos dos Concellos do ámbito de influencia do Centro de día de Cabana de Bergantiños.

Obxectivos:

Obxectivo Xeral:
Procurar unha mellora na calidade de vida das persoas maiores participantes, a través dos beneficios que comporta a realización de actividade física regular nun contexto comunitarios.
Obxectivos específicos:
• Fomentar a práctica da actividade física o aire libre.
• Favorecer a convivencia e as relación interpersoais.
• Difundir os valores do noso medio natural e cultural.
• Favorecer o envellecemento activo a través do fomento de hábitos de vida saudable.
• Fomentar o espírito lúdico dentro do entorno natural.
• Descubrir novas rutas próximas o seu entorno.
• Manter o nivel de motivación dos asistentes.
• Facer do camiñar unha afección.

Poboación obxectivo:

A poboación obxectivo do Discorres o pé da auga son os maiores de 55 anos dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Zas, Malpica de Bergantiños e Camariñas.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A iniciativa "Discorrer o pé da auga" do Centro de día de Cabana de Bergantiños enmarcarse dentro das actividades realizadas no marco do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal "Envellecemento + activo" para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e promoción do envellecemento activo e saudable.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

As andainas culturais para maiores de 55 anos teñen unha primeira fase de deseño das rutas e percorridos na que participan conxuntamente o persoal responsable do Centro de día cos técnicos culturais e de turismo dos Concellos por onde se van desenvolver as andainas. A segunda fase é a difusión da actividade entre a poboación obxectivo. E a última fase é a realización da actividade - a andaina.

 Actores que interveñen:

- Centro de día de Cabana de Bergantiños(Xunta de Galicia). Intervén en todas as fases como entidade promotora.
- Concello de Cabana de Bergantiños (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Concello de Laxe (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Concello de Ponteceso (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Concello de Zas (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Consello de Malpica de Bergantiños (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Concello de Camariñas (Concello – Administración Local). Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.

 Recursos que dispoñen

- Recursos económicos:fondos Propios
- Recursos humanos: persoal do Centro de día; Técnicos de Cultura dos Concellos participantes; Técnicos de Turismo dos Concellos participantes.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

O longo das tres edicións leváronse realizouse: 1ª edición 5 rutas, 2ª edición 5 rutas e 3ª edición 7 rutas. Cunha asistencia duns 800 participantes.

Documentación producida:

- Memoria Deseño, proposta e planificación Anual.
- Cartel Difusión Anual.
- Recomendacións para ás rutas Información útil Anual

Descargas:

Difusión:

A difusión da andainas faise a través dos Concellos participantes, tanto mediante a difusión nas súas páginas web como a través dos seus Boletíns Informativos, como por medio dos carteis informativos, elaborados para ese fin, e distribuídos por aqueles espazos máis frecuentados pola poboación obxectivo (centros de saúde, farmacias, comercios,...)

Impacto:

Consolidación da actividade como constante no tempo (unha vez ó ano). Afianzamento dun grupo de persoas que asisten a todas as edicións e que demandan a actividade, e incremento dos asistentes ás andainas.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Eva Cousillas Ramos

Entidade:

Centro de día de Cabana de Bergantiños

Teléfono:

981 71 47 80

Enderezo:

Lugar do Balado 69 – Cesullas – Cabana de Bergant

Enderezo electrónico:

cabanadebergantinhos.consorcio@igualdadebenestar.o

Páxina Web:

 http://www.igualdadebenestar.org

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A sinxeleza no plantexamento da experiencia fai desta unha práctica totalmente transferible a outros contextos e lugares.
A colaboración interinstitucional confírelle o trazo de innovación relacional que proporciona a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas.
Unha clara planificación operativa e un evidente impacto positivo, destacan no desenvolvemento das andainas de "Discorrer o pé da auga".