Imos sementar

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Laboral e emprego,Participación

Data de inicio:

2010

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

Barrio de Teis (Concello de Vigo)

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

“Imos sementar” desenvolvese no marco dos proxectos comunitarios que leva a cabo o Centro de día Atalaia de Vigo, co principal obxectivo de abrirse, como centro, á comunidade e promover que o traballo realizado no centro sexa visible para toda a comunidade. Esta iniciativa pretende poñer en valor os coñecementos, destrezas e saberes dos maiores do centro no referente a como desenvolver os diferentes traballos da horta e, mediante a relacións interxeracionais, os nenos e nenas do barrio aprendan a realizar tarefas de sembra e plantación baixo o ensino dos maiores.

Motivacións para implantar a experiencia:

Unha das actividades desenvolvidas polo Centro de día Atalaia de Vigo é a posta en marcha dunha pequena horta nos terreos do centro, cultivada po un grupo de usuarios apoiados por profesionais do centro. Esta é unha actividade que motiva ós maiores, na que manteñen un rol activo e protagonista.
No marco dos proxectos comunitarios levados a cabo, levouse a termo unha experiencia piloto no seo do Proxecto Intercultural e Interxeracional, onde os nenos e nenas participantes no mesmo, dirixidos polos maiores do centro, realizaron tarefas de sembra e plantación.
Ante o éxito da experiencia, proponse estender esta actividade á comunidade escolar do barrio no que se atopa localizado o cento.

Obxectivos:

Os obxectivos a acadar por esta actividade son principalmente:
• Experimentar os beneficios e gratificacións das relacións interxeracionais.
• Poñer en valor os coñecementos e o saber facer das persoas maiores usuarias do centro en canto ós traballos de horticultura.
• Achegar ós nenos e nenas da comunidade próxima os traballos propios do campo a través da experimentación e a práctica.
• Traballar aspectos básicos da importancia do consumo regular de verdura e hortalizas para unha alimentación sá.
• Abrir o centro e a súa horta á comunidade educativa e favorecer o traballo comunitario.

Poboación obxectivo:

A poboación infantil escolarizada nos diferentes centros educativos situaciados no barrio de Teis, en concreto:
• Alumnado de 2-3 anos da escola municipal infantil “Atalaia” (0-3 anos).
• Alumnado da escola de educación infantil “A Guía” (3-6 anos).
• Alumnado da escola de educación primaria “Santa Tegra” (6-12 anos).

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O desenvolvemento deste programa atópase moi vinculado a outros programas de intervención desenvolvidos polo centro de día. Por exemplo, a través doutro programa, Achegamento das Novas Tecnoloxías, os maiores manteñen contactos regulares cos nenos/as participantes no programa a través do correo electrónico e o blog, entre outros.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

O desenvolvemento das actividades adáptase á etapa evolutiva de cada un dos grupos de alumnos participantes, empregando unha metodoloxía que favoreza a experimentación e a participación activa de nenos, nenas e maiores.
O esquema básico da actividade é o seguinte:
• Sesión teórica-práctica nas aulas impartida polos maiores onde o alumnado elabora sementeiros que coida nas aulas ata o momento da plantación.
• Sesión de plantación na horta do Centro de día, coordinada por un grupo de maiores e executada polo alumnado (preparación da terra, plantación, regado, etc.)
• Sesión de recolleita, o alumnado recolle na horta o resultado do seu traballo e o levan para a súas casas.
Hai uns contidos transversais que versan sobre o uso das novas tecnoloxías da información co obxectivo de manter unha canle de comunicación aberto e continuo entre o centro de día e os centros educativos: por medios de ferramentas como o correo electrónico, un blog que permita o seguimento regular da evolución dos cultivos, consulta de dúbidas en canto a coidados, etc.

 Actores que interveñen:

- Centro de día Atalaia de Vigo (Entidade Pública). Intervén en todas as fases como entidade promotora e organizadora.
- Maiores usuarios do Centro de día(Persoas individuais). Interveñen na implementación como entidade executora.
- Escola municipal infantil “Atalaia” (Entidade Pública). Intervén na implementación como entidade beneficiaria.
- Escola de educación infantil “Monte da Guía” (Entidade Pública). Intervén na fase de implementación como entidade beneficiaria.
- Escola de educación primaria “SantaTegra”.Entidade beneficiaria.

 Recursos que dispoñen

- Recursos económicos: fondos propios
- Recursos humanos: educadora Social; Traballadora Social; Terapeuta ocupacional; Psicóloga; Xerocultoras.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

• Establecemento de contactos regulares entre o alumnado e persoas maiores alleas ó seu entorno familiar.
• Mellora da visión acerca da vellez por parte do alumnado participante.
• Creación de lazos cos diferentes centros educativos participantes que permiten a organización de novas actividades.
• Incremento da autoestima dos maiores participantes no programa.

Documentación producida:

Descargas:

Difusión:

Para a implementación do programa escolléronse os centros educativos máis próximos ao centro. Presentouse a proposta por parte dos profesionais do centro de día ao claustro de profesores. O resultado gráfico de todas as actividades realizadas aparece recollido no blog do centro.

Impacto:

Unha vez realizadas diferentes actividades en colaboración cos diferentes centros educativos e visto os elevados índices de satisfacción e resultados obtidos, decidiuse ampliar o abano de actividades a compartir. No curso escolar 2.012/13 implementouse o programa "Imos Sementar... Valores", no que ademais de dar continuidade a liña de actividades iniciada na edición anterior, incluimos outras complementarias tales como: • Presentación de oficios, tradicións, costumes, etc.
• Sesións de contacontos
• Obradoiros de xogos populares
• Celebración de festas tradicionais e coñecemento dos seus ritos e tradicións (magosto, maios, etc.)
O desenvolvemento deste programa proporciona protagonismo ás persoas maiores, que a pesares da súa situación de dependencia, teñen capacidades e coñecementos que son importantes. Con este programa se confirma o que múltiples estudios demostran a cerca dos beneficios das relacións interxeracionais, tanto para os nenos/as como para os maiores. Sen esquecer que o traballo comunitario favorece o aproveitamento de recursos e enriquece as persoas participantes.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Raquel Ramos Rodríguez

Entidade:

Centro de día Atalaia de Vigo

Teléfono:

986 19 03 67

Enderezo:

Avda. de Dona Femina, 9, Teis, C.P. 36207, Vigo.

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 www.centrodediaatalaia.blogspot.com

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O plantexamento sinxelo da experiencia fai desta experiencia unha práctica totalmente transferible a outros contextos e lugares.
A colaboración interinstitucional confírelle o trazo de innovación relacional que proporciona a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas.
Unha clara planificación operativa e un evidente impacto positivo, destacan no desenvolvemento do programa.