Acompañamento a persoas maiores en consultas externas.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

01-03-2006

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Cruz Vermella Ourense

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

Ourense

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O Acompañamento a persoas mairoes en consultas externas é unha actividade que consiste en apoiar as persoas que presentan certas dificultades de autonomía no seu tránsito ás diversas consultas de servizos de especialidade do Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO). O acompañamento realizase dende a proximidade e o trato afectivo, evitando as posibles situacións de tensión que se xeran en espazos públicos non controlados e con múltiples protocolos e procedementos de actuación.

Motivacións para implantar a experiencia:

As situacións de dificultade e incomprensión, que se xeran en espazos públicos non controlados (administracións, hospitais, centros de saúde, entidades bancarias,…) para determinadas persoas, de certa idade e/ou con limitacións da súa autonomía (orientación, comprensión, mobilidade, etc.) que non teñen a posibilidade de acudir acompañadas a estes lugares.

Obxectivos:

Proporcionar un modelo de acompañamento para as persoas con limitación de autonomía que teñen que acudir ao CHUO, que lles facilite cumprir os procedementos sinalados polo persoal médico para cada unha das terapias ou tratamentos que sigan. Garantir un mellor seguimento dos tratamentos prescritos polo persoal médico e, polo tanto, mellores niveis de saúde das persoas acompañadas. Incrementar a calidade do apoio social ás persoas dependentes, facendo do voluntario a peza sencial na actividade de acompañamento.

Poboación obxectivo:

Persoas maiores que sofren limitacións de autonomía e requiren facer diferentes xestións sanitarias no CHUO. Se ben, o voluntariado de Cruz Vermella alí presente, presta a súa axuda a calquera persoa que o precise

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A experiencia, na actualidade, non conta con vinculacións con outros programas e actuacións.

 

IMPLEMENTACIÓN

 

Fases ou liñas de actuación:

No contexto do programa “Achégate”, programa que pretendía a colaboración do voluntariado de diferentes entidades para cubrir a necesidade de apoio ás persoas con dificultades de autonomía á hora de realizar o tránsito ás diversas consultas de servizos do CHOU, xunto cos servizos de acompañamento desenvolvidos polo voluntariado do proxecto de axuda a domicilio complementaria de Cruz Vermella o Centro Hospitalario Universitario Ourensán fixo a primeira prosposta de colaboración. Esta actividade de Acompañamento a persoas maiores en consultas externas deséñase de xeito compartido e consta das seguintes fases: 1) Selección e Formación do Voluntariado participante (Cruz Vermella). 2) Acollida e Formación sobre os espazos nos que se desenvolverá a actividade (CHUO). 3) Execución da actividade no CHUO. 4) Seguimento da actividades e o voluntariado (Cruz Vermella). 4) Seguimento e avaliación conxunta coa Unidade de Traballo Social do CHUO.

 

 Actores que interveñen:

• Coordinación da Cruz Vermella de Ourense (Entidade non lucrativa). Intervén nas fases de deseño e avaliación.
• Técnicos e técnicas da Cruz Vermella de Ourense (Entidade non lucrativa). Intervén nas fases de deseño, implementación e avaliación.
• Voluntarios da Cruz Vermella (Entidade non lucrativa). Intervén nas fases de implementación e avaliación.
• Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (Entidade pública). Intervén nas fases de implementación e avaliación.

 Recursos que dispoñen:

• Recursos económicos: fondos propios da Cruz Vermella
• Recursos humanos: 1 Técnico (traballadora social); 4 persoas voluntarias.

RESULTADOS

 

Produtos obtidos:

O importante número de persoas con algunha limitación na súa autonomía que se beneficiaron desta actividade, que acada unha media de 1.800 ó ano, nos sete anos que leva funcionando. A implicación do voluntariado que participa con esta actividade no programa Achégate dende o seu inicio.

Documentación producida:

- A propia da Cruz Vermella.
- Ficha de activida (Dende o ano 2006).

Descargar:

Difusión:

A Cruz Vermella conta cunha estrutura de gran dimensión que ofrece ampla difusión a tódolos niveis no tocante ás necesidades e existencias de actuacións así como a necesidade de persoal voluntario para a execucion das memas.

Impacto:

Coa atención e implicación de voluntarios/as logrouse: • Previr situación de risco sociosanitario daquelas persoas que presentan déficit nas súas redes de apoio social e que precisan dun reforzo para conseguir unha maior eficacia das actuacións profesionais. • Evitar a presenza de complicacións e desorientacións en pacientes con carencias de autonomía no tránsito polo distintos servizos do hospital e na xestión de trámites das consultas. • Establecer unha nova canle de participación voluntaria co obxectivo de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención ás persoas con maiores dificultades. • Consolidar a colaboración entre a Cruz Vermella de Ourense e o CHUO para o desenvolvemento conxunto de diversos programas e actividades do hospital.

MAIS INFORMACIÓN 

 

Persoa de contacto:

Marisa V. López Casero e Natalia Belmonte Gómez

Entidade:

Cruz Vermella Ourense

Teléfono:

988 22 24 84

Enderezo:

Díaz de la Banda 40

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.cruzvermella.org/web/noticias.php?i18n=

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A sinxeleza na formulación da experiencia fai desta unha práctica totalmente transferible a outros contextos e lugares, e responde a unha realidade presente noutras zonas. A colaboración interinstitucional confírelle o trazo de innovación relacional que proporciona a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas.