Proxecto Deportivo de Centro (PDC)

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida

Data de inicio:

2012

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Presidencia da Xunta de Galicia

Categoría da entidade:

Xunta de Galicia

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

Galicia

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) é un programa que ten como finalidade converter ao centro educativo nun centro promotor de vida activa e saudable (constitución das Unidades de promoción de exercicio físico saudable no ámbito educativo/escolar - UPES escolares).
A través da análise dos recursos existentes, do traballo en equipo con outras entidades e co desenvolvemento de actividades e accións de carácter integral e transversal, o centro educativo debe ser un dos lugares máis eficaces para propiciar un cambio na conduta nos escolares galegos, buscando implantar estilos de vida activa e saudable, fomentando a práctica da actividade física e deportiva no día a día e nas doses recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Motivacións para implantar a experiencia:

Para combater as condutas actuais detectadas na poboación infanto-xuvenil (sedentarismo / inactividade física e en consecuencia, sobrepeso e obesidade, así como o incremento de Enfermidades Crónicas Non Transmisibles - ECNT) é necesario que o proceso educativo se realice de forma transversal, e que converxan no centro educativo todas as accións existentes no contorno da comunidade educativa que poidan propiciar este cambio na conduta, e a adquisición de hábitos que perduren ata a vellez.

O PDC é un documento integrado no PEC e no Plan Anual dos centros educativos, é debe ser aprobado polo claustro de profesores.

Obxectivos:

De forma xeral, os obxectivos que se propón o Proxecto Deportivo de Centro son:
1.Fomentar o coñecemento dos recursos e actividades existentes no entorno do centro educativo dun xeito innovador e que redunde na difusión da mensaxe de promover a actividade física, o exercicio físico e o deporte nos escolares galegos para que acaden a cantidade mínima diaria recomendada por diferentes institucións e estudos de referencia para manter unha boa saúde (Organización Mundial da Saúde, Directrices UE etc.).
2.Crear nos centros educativos as Unidades de Promoción de Exercicio Saudable (UPES), desenvolvendo as súas funcións básicas de informar + asesorar + valorar + percibir actividade física, exercicio físico e deporte orientado cara a mellora da saúde.
3.Optimizar os recursos existentes na contorna dos centros educativos, ordenando e ampliando as ofertas de actividade física, exercicio físico e deporte.
4.Coordinar as diferentes estruturas que xestionan o deporte en idade escolar: centros escolares, concellos, agrupacións deportivas, ANPA, clubs, federacións deportivas, etc.
5.Relacionar a práctica de actividade física e o deporte co tratamento da información e competencia dixital a través das novas tecnoloxías como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microredes de traballo.

Poboación obxectivo:

O alumnado de primaria dos centros sostidos con fondos públicos (públicos e concertados).

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O programa Proxecto Educativo de Centro forma parte do Plan Proxecta e está incluído no Plan Galego para o fomento da Actividade Física (Galicia Saudable).
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con distintos organismos que busca fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
Galicia Saudable é un plan que pretende mobilizar a toda a sociedade galega detrás dun obxectivo común: promover a práctica de actividade física como vía para alcanzar unha mellor saúde. A misión de Galicia Saudable é lograr que a poboación galega goce dun estilo de vida o suficientemente activo para conservar a saúde e a autonomía persoal, gozando de maior benestar e calidade de vida, e previndo e reducindo a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa actividade física.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

Ó ser un programa que se executa en múltiples centros educativos a variedade e diversidade a hora de levar a cabo o programa ven determinada polo creatividade e innovación do profesorado de cada centro participante.
A pesares da diversidade na implantación do programa, o traballo desenvolvido nos centros educativos de motivación e sensibilización do alumnado pola incorporación de hábitos de vida activa e consumo de activa física e exercicio físico no seu día a día pode incorporar: elaboración de mapas de recursos existentes no ámbito de influencia do centro educativo para a práctica de actividade física e exercicio físico, xeración de actividades que fomenten a adquisición de hábitos de vida activa e saudable, desenvolvemento destas actividades dentro do horario lectivo e non lectivo dos/as alumnos/as incrementando así a carga diaria de actividade física, valoración da condición física saudable dos/as alumnos/as a través da Plataforma DAFIS (Plataforma de Datos de Actividade Física Saudable), etc.

 Actores que interveñen:

- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Administración autonómica). Interveñen na organización, apoio e avaliación como entidades promotoras.
- Presidencia da Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte (Administración autonómica. Intervén no apoio do programa como entidade promotora.
- Centros educativos de Primaria (Administración autonómica). Interveñen na implementación do programa como entidades beneficiarias.

 Recursos que dispoñen

- Outros recursos: Plan de Formación anual do Profesorado; Plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable).

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Datos dos centros participantes no curso escolar 2012-2013:

• Centros admitidos: 40
• Proxectos presentados: 21
• Proxectos aptos: 18
• Profesorado con certificación final: 50

Documentación producida:

- Plan Galego para o fomento da actividade Física.
- Info Plan proxecta.
- Resolución 2012 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Descargas:

Documento_1

Documento_2

Documento_3

Difusión:

Para a difusión das experiencias PDC utilízanse as seguintes canles:
• Web de Galicia Saudable: http://galiciasaudable.xunta.es
• Perfil de facebook: https://www.facebook.com/galiciasaudable
• Notas de prensa e canles propios de difusión (web proxecta; Redeiras; etc.).
• Dípticos promocionais
• Exemplos de web/blog dalgunhas experiencias PDC. CPI PONTECARREIRA: http://deportenaponte.blogspot.com.es/ IES DE MUGARDOS:http://www.edu.xunta.es/centros/iesdemugardos/?q=node/866 IES DE TEIS: http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/secretaria/proxectos/practicasdeportivas/index.htm

Impacto:

Aínda que son poucos os meses de execución do proxecto e, por tanto, o seu impacto é complexo de calcular, pódese concluír a importancia das accións emprendidas cos seguintes datos do curso 2012/2013:
• Número de alumnos/as beneficiarios/as das actuacións: 1.696
• Profesores/as que recibiron a formación nos meses de febreiro e marzo: 51

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Laura María Mosquera Escudero

Entidade:

Consellería Cultura, Educación e Ordenación Univ.

Teléfono:

881 99 98 40

Enderezo:

Estadio Multiusos de San Lázaro, portal 4, 15781,

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.edu.xunta.es/web/node/6249

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O deseño e execución destas actividades requiren un alto grao de aceptación polo persoal docente dos centros participantes. Do seu interese depende o mantemento e sustentabilidade destas actuacións polo que a experiencia logrou un gran respaldo dos/das profesores/as dos centros. Así mesmo, a relación co medio ambiente e o aproveitamento dos recursos humanos xa existentes, dotan a experiencia dun alto grao de factibilidade.
A participación da sociedade civil na determinación e execución das actividades desenvolvidas para o benestar das persoas xoves, a través do deporte e do adestramento saudable, fan deste proxecto un exemplo de coordinación en rede cara a procura dos obxectivos sinalados. Así mesmo a capacidade da experiencia de ter en conta as posibilidades dos diferentes núcleos de poboacións posibilitan a súa transferencia territorial.