Talleres Europeos da Universidade Sénior da UDC

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Participación

Data de inicio:

2003

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Universidade da Coruña

Categoría da entidade:

Entidade pública

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

A Coruña, Ferrol.

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Os proxectos educativos europeos nos que participa a Universidade Sénior, a través dos Talleres Europeos do seu plano de estudos, promoven que os seus estudantes adquiran os medios que lles permitan mellorar os seus coñecementos e competencias a través da movilidade de persoas, das Asociacións de aprendizaxe, dos proxectos multilateriais e das redes temáticas de expertos e organizacións. Cos Talleres Europeos da Universidade Sénior búscase fomentar a identidade e a cidadania europea entre os estudantes universitarios maiores.

Motivacións para implantar a experiencia:

A Universidade Sénior da UDC créase para atender á demanda educativa das persoas maiores de 55 anos.
O contexto no que nace a Universidade Sénior da UDC ven marcado pola relevancia concedida á Aprendizaxe ó longo da Vida (lifelong learning) na Conferencia de Lisboa do Consello Europeo celebrada o ano 2000, e a aprobación da Lei Orgánica de Universidades 6/2001, de 21 de decembro (modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril) onde na Exposicións de Motivos se recolle “ A sociedade esixe, ademais, unha formación permanente ó longo da vida, no so na orde macroeconómica e estrutural sino tamén como modo de autorrealización persoal”.

Obxectivos:

O obxectivo principal da Universidade Sénior da Universidade da Coruña é ofertar unha formación actualizada e axustada á inquedanzas formativas e intereses culturais das persoas maiores de 50 anos que se atopan en situación laboral non activa.
Os Talleres da Universidade Sénior, como formación complementaria ó plano de estudos, contan cunha metodoloxía máis activa e participativa, e teñen por obxectivos:
1. Favorecer a posta en práctica de competencias e recursos xa adquiridos polos alumnos, e adquisición de novos recursos.
2. Potenciar a actitude e a aptitude investigadora: aprender a aprender, e aprender para compartir.
3. Conseguir unha maior adaptación ás necesidades e potencialidades individuais do alumnado.
4. No caso dos talleres europeos, a estes obxectivos hai que engadir os seguintes:
5. Promover a interacción dos cidadáns sénior europeos mediante o mutuo coñecemento.
6. Analizar a propia identidade, partindo das raíces sociais, políticas e culturais.
7. Comparar as diferentes realidades nacionais dentro do camiño á unha cidadanía europea.
8. Intercambiar experiencias e información sobre os cambios da últimas décadas.
9. Promover a aprendizaxe de idiomas.
10. Promover o coñecemento e uso das TIC.

Poboación obxectivo:

Persoas maiores de 50 anos que se atopan en situación laboral non activa (xubilados, prexubilados, parados e persoas sen actividade laboral remunerada).

Vinculación con outros programas ou actuacións:

Os talleres Europeos da Universidade Sénior da UDC enmarcánse en Asociacións de Aprendizaxe da iniciativa Grundtvig dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea.
Os Talleres Europeos forman parte da formación complementaria ó Plano de Estudos da Universidade Sénior da UDC .

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

Os Talleres Europeos forman parte da formación complementaria do Plano de Estudos da Universidade Sénior xunto cos talleres de inglés, creación de contidos multimedia e comunicación e información audiovisual.
Cada curso académico dos Talleres ten sesións xerais, co obxecto de preparar os traballos de investigación que realizan os alumnos, e sesións específicas:
• Sesións de apoio en TIC, que versan sobre as ferramentas xerais de comunicación e información (correo electrónico, busca na rede,…) e sobre as ferramentas específicas de cada proxecto (Moodle, website, blogs, redes sociais, etc.).
• Sesións de formación en lingua estranxeira.
• Conferencias, mesas redondas e leccións maxistrais a cargo de expertos nalgúns dos temas que se tratan nos cursos.
• Visitas as institucións da Unión Europea en Bruxelas.
A metodoloxía dos Talleres Europeos baséase en actividades de grupo e individuais, con reunións quincenais de dúas horas, e traballo fora da aula en pequenos grupos. Isto compleméntase coa asistencia dos alumnos as clases maxistrais e as conferencias impartidas por expertos, nas materias tratadas, e a través de aprendizaxe virtual.

 Actores que interveñen:

- Universidade Sénior da Universidade da Coruña. Entidade Pública. Intervén en todas as fases como entidade organizadora.
- Profesores convidados. Persoas individuais. Interveñen na implementación como axentes executores.
- Asociacións de Aprendizaxe. Rede de Xestión. Intervén en todas as fases como entidade de financiamento.
- Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte). Administración estatal. Intervén en todas as fases como entidade de financiamento.
- Xunta de Galicia. Administración autonómica.Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Deputación da Coruña. Administración local. Intervén en todas as fases como entidade colaboradora.
- Concello da Coruña. Administración local.Intervén como entidade colaboradora.
- Concello de Ferrol. Administración local.Intervén como entidade colaboradora.
- Concello de Betanzos. Administración local.Intervén como entidade colaboradora.
- Concello de Padrón. Administración local.Intervén como entidade colaboradora.
- Parque Natural das Fragas do Eume. Rede de Xestión. Intervén como entidade colaboradora.
- Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Entidade privada.Intervén como entidade colaboradora.
- Fundación Rosalía de Castro. Entidade privada. Intervén como entidade colaboradora.
- Centro de documentación Europea da Facultade de Dereito da Coruña. Entidade Pública.Intervén como entidade colaboradora.
- Centro de excelencia Jean Monnet "Instituciones y Derecho de la UE" da UDC. Entidade Pública. Intervén como entidade colaboradora.
- Instituto Universitario de Estudos Europeos " Salvador de Madariaga". Entidade Pública. Intervén como entidade colaboradora.

 Recursos que dispoñen

- Recursos humanos da Universidade da Coruña: 1 Directora da Universidade Sénior.
- Recursos humanos das Asociacións de Aprendizaxe: 1 Subdirector da Universidade Sénior.
- Recursos humanos do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte): 3 Catedráticos da UDC; 14 Profesores Titulares da UDC; 4 Profesores Titulares da Escola Universitaria; 3 Profesores Asociados; 2 Profesores Contratados Doutor (LOU); 7 Profesores colaboradores (LOU); 1 Persoal investigador; 2 membros do Persoal Administrativo e Servizos; 1 Coordinador do Proxecto; 1 Titor en cada un dos campus (Ferrol e A Coruña); Profesores convidados para a formación en linguas; Profesores convidados e conferenciantes; 1 Instrutor en TIC.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Dende o curso académico 2003 – 2004, ata o curso 2012 – 2013 participaron nas actividades desenvolvidas polos Talleres Europeos da Universidade Sénior, un total de 540 alumnos/as, dos que 349 son mulleres e 191 son homes, cun rango de idade de entre 51 e 84 anos. Durante eses anos, realizáronse 219 mobilidades internacionais.
A participación da Universidade Sénior no Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea a través das denominadas Asociacións de Aprendizaxe é o seguinte:
• 2003-2006: European Senior Citizens’Storyboard
• 2006-2009: Routes Towards Europe.
• 2009-2011: Our Continent – Our Culture.
• 2011-2013: More than Neighbours!

Documentación producida:

- “More than Neighbours!”, a Grundtvig Learning Partnership”. (A Coruña, 2013). Publicación + USB Pendrive + CD ROM. Setembro 2013.
- MTN Blog. Blog. Setembro 2011. http://morethanneighbours.wordpress.com
- “Our Continent – Our Culture, a Grundtvig Learning Partnership in Senior University of A Coruña” (A Coruña, 2011). Publicación (Book. ISBN 978-84-9749-348-2). Setembro 2011.
- OC-OC Blog. Blog. Setembro 2009. http://ourc.wordpress.com
- OC-OC Social Network Social Network. Novembro 2009. http://ourcontinentourculture.ning.com
- “Grundtvig Learning Partnership: Routes towards Europe 2007-2009” (A Coruña, 2009). Publicación + CD ROM (Book and CD-Rom. 978-84-9749-490-8 ). Setembro 2009.
- “Routes towards Europe: el Camino de Santiago en Galicia” (A Coruña, 2007). CD ROM D.L. C-2711-2007. Setembro 2007.
- RTE - Website Website. Xaneiro 2008. https://sites.google.com/site/seniorudc/rte-proyect
- “Dimensión Internacional de la Educación Superior de Alumnos Senior: Experiencias dentro del Programa de Aprendizaje Permanente de la Unión Europea”. Article in Revista de Ciencias de la Educación (nº225-226) 2011 - Pag.: 78-88 ISSN 0210-9581 Article in Revista de Ciencias de la Educación (nº225-226) 2011 - Pag.: 78-88 ISSN 0210-9581

Descargas:

Difusión:

Universidade Sénior son múltiples, entre outros destacan as seguintes:
• Con motivo dos International Meeting e dos Coordinators Meeting realizáronse diferentes actividades de difusión, tanto entre a comunidade universitaria (páxina web da UDC, páxina web da Universidade Sénior, espazo web dos talleres,…), como entre diferentes institucións e axentes sociais que colaboran coa organización dos encontros internacionais: Parque Natural das Fraga do Eume, Concello de Betanzos, Concello da Coruña, Concello de Ferrol, etc.
• O resultado das enquisas sobre actitudes cara a identidade e cidadanía europea foron obxecto de unha Comunicación presentada ó XIV World Congress os Comparative Education Societies, celebrado en Estambul (Turquía), os días 14 o 19 de xuño de 2010, (García, M.P. e Ascón-Belver, F. Change of Attitudes towards European Citizenxhip in Senior Students).
• Comunicación presentada a II Encontros Galegos de Programas Universitarios para Maiores, celebrado en Santiago de Compostela, o 7 de xuño de 2008.
• Presentación no Seminario SERN Training on Thematic Networking, celebrado en Rímini, Italia, os días 15, 16 e 17 de abril de 2009.
• Publicación Grundtvig Learning Partnership Routes towards Europe 2007-2009, con IBSN 978-84-9749-348-2, incluíndo CD-ROM con traballos realizados polos alumnos.
• Revista de Ciencias da Educación (nº225-226) correspondente a xaneiro – xuño de 2011: Dimensión Internacional da Educación Superior de Alumnos Sénior: Experiencias dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea.

Impacto:

Impacto xerado na Institución (UDC)
• Posta en marcha dos novos proxectos de movilidade de alumnos e alumnas senior, tanto a nivel nacional con outros PUM’S como a nivel internacional.
• Creación de redes de colaboración e traballos conxuntos en aprendizaxe permanente con outras institucións nacionais e europeas.
• Mellora das metodoloxías educativas en aprendizaxe de persoas adultas.
• Incorporación ao plan de estudos da dimensión europea de aprendizaxe permanente.
• En relación ao persoal docente y no docente: mellora da formación a nivel pedagóxico e aumento das competencias a nivel de lingua e do uso das TIC’s.
Impacto no alumnado:
• Mellora das competencias a nivel de lingua e do uso das TIC’s
• Aumento do coñecemento das diferentes realidades sociais, culturais, … que conforman a Unión Europea.
• Mellora das habilidades sociais de comunicación e autoestima, derivada do aumento de competencias en linguas estranxeiras.
• Importante aumento da consideración das persoas beneficiarias como cidadáns activos da Unión Europea.
Impacto no ámbito social (local e autonómico):
• Sensibilización da sociedade en xeral, e do sector das persoas maiores en particular cara unha cidadanía activa europea.
• Colaboración con entidades públicas e privadas nos ámbitos locais e autonómico.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Maria del Pilar García de la Torre

Entidade:

Universidade Sénior da Universidade da Coruña

Teléfono:

981 16 70 00 (4356)

Enderezo:

Rúa do Almirante Lángara - C.P. 15011 - A Coruña

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.udc.es/senior/

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 A boa práctica dos Talleres Europeos da Universidade Sénior da USC ven recoñecida polo Ministerio de Educación, Cultura y Deportes a través da mención lograda na edición do ano 2011 dos premios Miguel Hernández, que recoñecen as mellores iniciativas que se levan a cabo en España encamiñadas a promover e impulsar o aprendizaxe ao longo da vida das persoas adultas, de maneira especial, aos colectivos socialmente máis desfavorecidos.

A medición dos resultados asegura a mellora continua da boa práctica a través do redeseño das actuacións a levar a cabo co obxectivo de incrementar as cotas de benestar das persoas beneficiarias dos talleres. Os instrumentos e metodoloxías das avaliacións aseguran unha detección das desviacións e,polo tanto, un alto grao de optimización dos recursos empregados.

A formación empregada logrou acadar un alto valor innovador na creación de novas formas organizativas, que foron capaces de xerar os niveis óptimos de colaboración a partires de redes de xestión para a creación de novas respostas ás necesidades emerxentes.Así mesmo, a participación das persoas beneficiarias no deseño e execución das medidas posibilita a creación dun alto valor de integración na institución como ponte de inclusión e recoñecemento das persoas maiores na sociedade.