Telegerontología®

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación,Seguridade

Data de inicio:

2001

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Universidade da Coruña - Grupo de Investigación en Xerontoloxia

Categoría da entidade:

Entidade pública

Área xeográfica da experiencia:

Nacional

Territorio de actuación:

Galicia

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Telegerontología® é un recurso de apoio xerontolóxico de teleasistencia avanzada de última xeración, dirixido ás persoas maiores e/ou persoas con perda de capacidade funcional e/ou cognitiva, desenvolvido a partir dos grandes avances das tecnoloxías da información e as comunicacións. Telegerontología® inclúe entre os seus obxectivos tanto a prevención e detección precoz da dependencia como a teleasistencia multiespecialidade polo que pode considerarse tanto un sistema de apoio social como sanitario. O recursoTelegerontología® pretende incrementar o grao de autonomía das persoas dependentes na atención ó longo prazo así como adaptar os aloxamentos e servizos a través do aprendizaxe permanente (Tics) e do apoio as persoas coidadoras non profesionais.

Motivacións para implantar a experiencia:

O envellecemento poboacional no que estamos inmersos; así como a busca de novos e eficientes recursos de atención xerontolóxica (AGAD) deu lugar a posta en marcha de diferentes iniciativas que, baseadas nas novas tecnoloxías, permitan establecer un sistema de soporte dirixido tanto á persoa maior como ós seus coidadores informais, facilitando a súa permanencia no domicilio e, polo tanto, retrasando ou evitando a institucionalización, sempre máis traumática e custosa.

Obxectivos:

Facilitar a permanencia das persoas maiores o maior tempo posible nos seus domicilios, retrasando desta forma a súa institucionalización, tanto pola súa atención directa como polo apoio dispensado a os coidadores.
A instalación de Telegerontología® garante un axeitado nivel de atención e coidados, evitando a soidade e a exclusión e detectando de maneira precoz posibles situacións de risco.

Poboación obxectivo:

Persoas maiores e os seus coidadores informais.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

Polas súas características Telexerontoloxía® poidería considerarse tanto como un servizo independente como un servizo complementario dos outros recursos xerontolóxicos

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

A atención xerontolóxica basease na valoración do/a paciente para poder intervir de forma individualizada, polo que Telegerontología® foi deseñado para cumprir ditas premisas. Neste senso, o dispositivo permite realizar a valoración do estado cognitivo, da tensión arterial, do pulso e do nivel de saturación de osíxeno en sangre, ademais de facilitar a interacción mediante videoconferencia con profesionais específicos. De acordo as características do usuarios, Telegerontología® adapta a intervención, posibilitando o envellecemento activo, tanto dende o punto de vista físico como mental.
Así a Telegerontología® posibilita realizar valoracións cognitivas “on line” e personalizar as actuacións terapéuticas a través dunha conexión a Internet. Para elo, o fogar deberá dispoñer dunha pantalla táctil dotada de altofalantes e cámara web e un pequeno terminal de servizos (Set Box).
A estrutura da Telegerontología® consta de:
• Pantalla táctil: Telegerontología® funciona a través dunha pantalla táctil que posibilita o seu uso de xeito sinxelo, incluso en persoas con dificultades motrices, evitando os inconvenientes do rato convencional.
• Terminal de servizos: é a peza central do sistema, permite a interconexión de tódolos dispositivos e a comunicación co exterior. A súa xestión é por control remoto dende o Centro de Control.
• Pulseira de alarma: inclúe as prestacións da teleasitencia convencional (telealarma), pero a diferenza daquela, cando a persoa usuaria pulsa o dispositivo ponse en marcha unha videoconferencia co centro de control, priorizando a chamada á vez que o historial do usuario aparece na pantalla para que dende o Centro de Control se tome a decisión axeitada.
Telegerontología® ofrece unha completa gama de servizos do ámbito sociosanitario, que van dende a prevención da enfermidade ata a intervención sobre o deterioro cognitivo e o seguimento de pacientes mediante a determinación de parámetros biomédicos a distancia, entre os que se atopan:
• Tele-Estimulación cognitiva.
• Rehabilitación por vídeo e contidos estáticos.
• Navegación por internet.
• Especialista na casa e determinación de parámetros biomédicos.
• Telealarma.

 Actores que interveñen:

• Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais – IMSERSO (Administración estatal). Financiador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Grupo de Investigación en Xerontoloxía – UDC (Entidade Pública). Promotor. Intervén en todas as fases.
• Universidade da Coruña (Entidade Pública). Promotor. Intervén en todas as fases.
• Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (Asociación non lucrativa). Colaborador. Intervén en todas as fases.
• Cesga (Entidade Pública). Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Televés (Empresa).Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Universidade de Vigo. (Entidade Pública). Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Caixa Galicia - Obra social (Fundación). Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Fundación Pedro Barrié de la Maza (Fundación). Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Deputación da Coruña (Administración local). Colaborador. Intervén no deseño, elaboración e validación do recurso.
• Concello da Coruña (Administración local). Financiador. Intervén na implementación do recurso.
• Recursos y Servicios Gerontológicos Gallegos (Empresa). Comercialización. Intervén na implementación do recurso.

 Recursos que dispoñen

• A través do financiamento de diferentes proxectos de investigación investíronse máis de 2 millóns de euros.
• Creouse unha iniciativa de emprego de base tecnolóxica na que os socios aportaron aproximadamente 500.000 euros.
• Equipo que participou no proxecto Telegerontología® está formado por 24 investigadores/as de diferentes perfiles, médicos, psicólogos, sociólogos, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, enxeñeiros informáticos, deseñadores, etc.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Máis de 200 persoas maiores, usuarios dos Centros Cívicos da Coruña, de 65 anos teñen á súa disposición unha serie de funcionalidades do dispositivo como un programa de adestramento das funcións mentais, vídeos e contidos de tipo informativo relacionados coa área da promoción da saúde e o envellecemento activo, e videoconferencia para consultas sociosanitarias cos profesionais do Complexo Xeronrontolóxico La Milagrosa (A Coruña) e da empresa RySGg.
Ó longo da execución do proxecto POCTEP incorporáronse Telegerontología® incorporou 180 usuarios máis.

Documentación producida:

Descargas:

Difusión:

A difusión de Telegerontología® realízase maioritariamente no marco do proxecto POCTEP –Envellecemento+Activo.
As accións de difusión efectuadas son:
• Co título “ Envellecemento Activo e novas tecnoloxías” fixéronse 5 sesións informativas en diferentes cidades de Galicia, A Coruña, Vila de Cruces, Santiago de Compostela, Brion , cunha asistencia media de 40 persoas.
• Realizáronse 10 insercións publicitarias en prensa.
• Publicáronse 70 noticias en prensa sobre Telegerontología®.
• Fíxose difusión noutros medios: radio, televisión e redes sociais.
• Asistiuse o Congreso Internacional sobre Envejecimiento+Activo celebrado os días 15 e 16 de novembro de 2012 na cidade da Coruña, baixo o lema “Preparando o noso futuro. Moito máis por vivir, moito máis por desfrutar”.

Impacto:

A creación dun novo recurso de atención xerontolóxica en forma de dispositivo de teleasistencia avanzada, desenvolvido integramente en Galicia e patentado pola UDC, a través dun consorcio de entidades e en colaboración coa administración.
Dispositivo que proporciona a posibilidade de manter ás persoas maiores máis tempo no seu domicilio apoiadas 24 horas/dia os 365 días/ano.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

José Carlos Millán Calenti

Entidade:

Grupo de Investigación Xerontoloxía - UDC

Teléfono:

981167000 ext. 586

Enderezo:

Universidade da Coruña. Campus de Oza 15006

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.gerontologia.udc.es

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 Telegerontología® é un claro exemplo de innovación, xa que proporciona unha mellora na atención xerontolóxica tanto dende eido da xestión do servizo que se presta, como no obxectivo de perfeccionamento do seu funcionamento interno e na súa relación co entorno e cun impacto visible no resultado da atención.