IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago de Compostela.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Participación

Data de inicio:

01-10-1997

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Universidade de Santiago de Compostela

Categoría da entidade:

Entidade pública

Área xeográfica da experiencia:

Autonómica

Territorio de actuación:

Galicia

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un programa de formación dirixido áos alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas. A participación dos alumnos e alumnas no ciclo de formación convérteo nunha ferramenta óptima de inclusión social.

Motivacións para implantar a experiencia:

O IV Ciclo Universitario da USC responde o compromiso da Universidade coa formación e a colaboración con tódolos membros da sociedade. A través do IV Ciclo Universitario preténdese reforzar os vencellos da USC coa sociedade tanto despois da etapa da formación oficial como na madurez da vida profesional das persoas.

Obxectivos:

• Promover a incorporación de alumnos maiores de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que respondan ás necesidades e expectativas deste colectivo social.
• Vencellar e amplificar a oferta de estudios universitarios, con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ó longo de toda a vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores.
• Posibilitar que as persoas maiores compartan e desenvolvan iniciativas docentes e de extensión cultural, propias do contexto social e institucional universitario, adoptando os criterios organizativos, normativos e metodolóxicos que cumpran para alcanzar ese fin.

Poboación obxectivo:

Persoas maiores de 50 anos.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O IV Ciclo Universitario da USC garda especial vinculación coa Asociación Estatal de Programas Universitarios para Maiores (AEPUM), así como coas respectivas asociacións de alumnos do IV Ciclo da USC ( de Lugo e de Santiago de Compostela), a través das cales vencella actuacións e servizos periféricos da Universidade.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

O Plan Bolonia, na actualidade, ten como efecto a convivencia de dous planos docentes.
O Plano docente antigo estrutúrase en 5 cursos. O 1º, 2º, e 3º curso son de carácter xeral; o alumno/a debe matricularse en tres materias, das que se ofertan, por curso. Cada materia consta de 3 créditos. O 4º e 5º curso son de especialización. O alumno/a matricúlase dunha única materia coa que completa a totalidade dos créditos.
O novo Plano docente estruturase en 4 cursos. No 1º e 2º curso os alumnos/as matricúlanse das 4 materias obrigatorias e, opcionalmente, o alumno/a que queira, pode cursar unha 5º materia de libre configuración entre as que se oferten para este bloque (básicas). No 3º e 4º curso os alumnos/as matricúlanse de 4 materias elixidas entre as optativas e o alumno/a que queira, poderá cursar unha 5º materia de libre configuración entre as que se oferten para este bloque (avanzadas).
Para obter o título de GRAO SENIOR deberán superar: as 8 materias obrigatorias de primeiro e segundo curso e outras 8 materias entre as optativas e as vinculadas a itinerarios.
Para obter o título de ITINERARIO ESPECIALIZADO, entre as cursadas para obter a titulación de grao sénior, deberán superar 6 materias das vinculadas ao itinerario considerado.

 Actores que interveñen:

• Universidade de Santiago de Compostela (Entidade Pública). Promotor. Intervén en todas as fases do ciclo.
• Asociación do IV Ciclo (Asociación non lucrativa). Colaborador. Intervén nas fases de xestión e difusión.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos:
• Fondos propios da USC.
• Cofinanciamento da Xunta de Galicia.
• Taxas e prezos públicos.
Recursos humanos:
• Profesores universitarios.
• Coordinadores.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

CURSO 2009/10:
• Materias impartidas:
o 23 materias no campus de Lugo
o 23 no campus de Santiago.
• Matriculados:
o Nas materias do primeiro ciclo 150 alumnos .
o Nas materias do segundo ciclo 64 alumnos.
• Titulacións: 11 excelsor, 25 graduados sénior e 31 graduados superior sénior.
• Presenza dun 74,92% de mulleres entre o alumnado.
CURSO 2010/11:
• Materias impartidas:
o 20 no campus de Lugo
o 19 no campus de Santiago.
• Matriculados:
o Nas materias do primeiro ciclo 141 alumnos .
o Nas materias do segundo ciclo 61 alumnos.
• Titulacións: 4 excelsor, 25 graduados sénior e 26 graduados superior sénior.
• Presenza dun 75,83% de mulleres entre o alumnado.
CURSO 2011/12:
• Materias impartidas:
o 19 no campus de Lugo
o 19 no campus de Santiago.
• Matriculados:
o Nas materias do primeiro ciclo 157 alumnos .
o Nas materias do segundo ciclo 83 alumnos.
• Titulacións: 3 excelsor, 36 graduados sénior e 24 graduados superior sénior.
• Presenza dun 77,36% de mulleres entre o alumnado.
CURSO 2012/13:
• Materias impartidas:
o 20 no campus de Lugo
o 22 no campus de Santiago.
• Matriculados:
o Nas materias do Plan Antigo 230 alumnos .
o Nas materias do Novo Plan 68 alumnos.
• Titulacións: 26 graduados sénior e 41 graduados superior sénior.
• Presenza dun 71,81% de mulleres entre o alumnado.

Documentación producida:

Memoria resultados USC. Ano 2009(Resume executivo).

Descargas:

Documento_1

Difusión:

As canles oficiais de difusión do IV Ciclo da USC realízase a través da propia web da USC así como mediante a publicación en prensa dos anuncios informativos sobre o Programa e as datas de matriculación.
A canle que ten máis repercusión e impacto sobre o número de novos alumnos é o boca-orella da experiencia dos propios alumnos nas súas redes de contactos.

Impacto:

O principal impacto que sobre os alumnos está a ter a súa experiencia no IV Ciclo é o acceso a unha ampla rede de relacións sociais e interxeracionais moi notable.
Os alumnos do IV Ciclo crearon a Asociación de Alumnos e Exalumnos do IV Ciclo Universitario da USC co obxetivo de manter e ampliar as súas relacións tanto entre os compañeiros como coa Universidade e coa finalidade de realizar actividades de extensión cultural (talleres, conferencias, participación en actividades de voluntariado, …).
Unha das actividades realizadas no marco da propia Asociación de Alumnos, unha conferencia na que se presentaba a experiencia da actividade teatral dun grupo afeccionado dentro da USC, derivou na creación do Grupo de Teatro “Arte Maior”. O grupo incorporouse no listado de compañías universitarias da Aula de Teatro da USC e participa nas diferentes Mostras de Teatro Universitario.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Dna. Belén Seijas Rosende

Entidade:

Universidade de Santiago de Compostela

Teléfono:

881 812 067

Enderezo:

E.U. Enfermería. Avda. Xoán XXIII15782 Santiago C.

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.usc.es/ivciclo

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O IV Ciclo Universitario da USC é un exemplo de innovación organizacional, na súa capacidade de xerar novas respostas dende o ámbito universitario aos requirimentos das persoas maiores, que demandan unha educación continuada dende a formación superior.
A innovación está reforzada por unha clara factibilidade do programa, basicamente dende o punto de vista da viabilidade técnica. A posibilidade de dispoñer dos medios técnicos axeitados permite un cambio na atención e na forma de xestión da Universidade, facilitando a apertura da educación superior a un novo colectivo que se ve notablemente empoderado.
A efectividade e o impacto positivo do IV Ciclo Universitario da USC quedan reflectidos nos resultados positivos recollidos nas memorias de actividade, que poñen de manifesto as evolucións e valoracións do programa. Tamén o reflicte a capacidade que ten o IV Ciclo de xerar espazos de participación para os estudantes, Asociación de estudantes do IV Ciclo Universitario da USC, que contribúen a enriquecer e lexitimar as actividades levadas a cabo dende o programa.