Support at home: Programa socio-psicolóxico de apoio a domicilio.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Seguridade

Data de inicio:

01-04-2012

Data de finalización:

31-10-2012

Entidade:

Complexo Xerontolóxico La Milagrosa; Asociación Provincial Pensionistas e Xubilados da Coruña;UDP

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

A Coruña

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

Support at home é un programa de intervención socio- psicolóxica, dirixido ó binomio coidador familiar - persoa maior con dependencia co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos dous. O programa actúa nunha dobre vertente: por un lado, a intervención psicolóxica dirixida tanto ó coidador como á persoa maior e, por outro lado, inclusión nun progrma de acompañamento social a partir do voluntariado.

Motivacións para implantar a experiencia:

Contribuír á mellora da calidade de vida do binomio coidador familiar - persoa maior dependente a través dunha intervención socio-psicolóxica sobre as dúas partes do binomio.

Obxectivos:

Os principais obxectivos do Programa Support at home foron:
• Desenvolver un programa socio-psicolóxico de apoio a domicilio centrado no acompañamento social e atención psicolóxica ao binomio coidador-maior.
• Deseñar un subprograma de acompañamento social, que dea tempo de ocio ao coidador e ao maior, ampliar o seu ámbito social limitado pola súa dependencia.
• Deseñar un subprograma de atención psicolóxica individualizado, para o coidador familiar (apoio emocional, técnicas de relaxación, reestruturación cogntiva, psicoeducación,...) e a persoa maior (adestramento cognoscitivo).
• Xestionar, coordinar e avaliar a calidade terapéutica e asistencial do programa socio-psicolóxico co fin de incrementar a Calidade de Vida do binomio coidador-persoa maior.

Poboación obxectivo:

Persoas maiores dependentes e os seus coidadores non profesionais.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

A experiencia non contou con relacións con outros programas ou actuacións.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

Seleccionouse un grupo de coidadores familiares de persoas maiores con dependencia a fin de desenvolver un programa de actuación con dúas vertentes:
1. Intervención psicolóxica
- Dirixida ó coidador (apoio emocional, técnicas de relaxación e anti-estrés, realización de grupos de apio e de axuda mutua, formación en tarefas do coidado, talleres psico-educativos, entre outros)
- Dirixida á persoa maior (estimulación cognitiva)
2. Inclusión nun programa de acompañamento social, a partires do voluntariado, que permite, por unha parte, á persoa maior relacionarse con outras persoas fora do seu entorno familiar e o coidador, por outra, dispoñer dunhas horas semanais para dedicar as súas actividades de lecer.
A intervención psicolóxica levouse a termo durante dúas horas á semana no domicilio do grupo (coidador – persoa maior) traballando unha hora co coidador e unha hora coa persoa maior dependente. E, unha vez o mes, realizábase coa totalidade de grupos participantes ou ben un grupo de apoio e axuda mutua ou ben un taller psico-educativo, en función das necesidades que foran manifestando os coidadores.

 Actores que interveñen:

• Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (Asociación non lucrativa). Promotor. Intervén en todas as fases do programa.
• Obra Social La Caixa (Fundación). Financiador. Intervén en todas as fases do programa.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos: orzamento de 21.500€.
Recursos humanos:
• 4 profesionais: 1 socióloga e 3 psicólogas.
• 3 persoas voluntarias.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

O Programa Support at home comeza coa realización dunha valoración psicolóxica exhaustiva dos participantes, para saber qué aspectos debía reforzar e traballar a psicóloga.
O programa desenvolveuse coa participación de 7 binomios coidador/persoa maior con dependencia e 2 trinomios coidador/2 persoas maiores. Finalizaron o programa 5 binomios e os 2 trinomios.
Este programa foi desenvolvido tendo en conta as necesidades psicolóxicas persoais tanto do coidador coma da persoa maior. Organizáronse ademais talleres (2) e grupos de apoio (2) como reforzo ao labor da psicóloga no domicilio, o cal, segundo sinalaron os participantes foi moi gratificante.

• Sesión 1. Presentación do proxecto con profesionais, coidadores e
voluntariado
• Sesión 2. Grupo de apoio: síntomas condutuais e psicolóxicos
• Sesión 3. Taller psicoeducativo: adestramento en solución de problemas e comunicación asertiva
• Sesión 4. Grupo de apoio: aspectos positivos do coidado
• Sesión 5. Taller psicoeducativo: mellora da autoestima
• Sesión 6. Conclusións e posta en común do proxecto

No subprograma de acompañamento social desenvolveuse e formouse os 3 voluntarios que participaron no proxecto.
O finalizar o programa volveuse a realizar a valoración psicolóxica para poder comparala coa realizada antes da intervención e así determinar cal foi o impacto real do programa na saúde tanto dos coidadores como dos maiores dependentes.

Documentación producida:

• Guía de información básica para coidadores (Documentación de apoio). Ano 2012.
• Taller de Autoestima (Documentación de apoio). Ano 2012.
• Taller de solución de problemas e asertividade (Documentación de apoio). Ano 2012.

Descargas:

Documento_1

Documento_2

Documento_3

Difusión:

Realizouse a difusión do programa entre os coidadores e asociacións relacionadas coa temática na cidade da Coruña e a súa área metropolitana.
A difusión do proxecto realizouse a través da distribución de carteis e folletos informativos en centros cívicos e sanitarios, asociacións de maiores, asociacións cuxos usuarios foran potenciais usuarios do proxecto (persoas con algún tipo de dependencia, enfermos de Alzheimer e/ou Parkinson... e os seus coidadores); outros centros xerontolóxicos...

Enviáronse tamén anuncios a revistas divulgativas en papel e online, relacionadas coa temática do proxecto, tanto para a súa difusión como para publicitar o desenvolvemento deste.
Os resultados obtidos a través de este programa serán publicados nunha revista específica do campo da xerontoloxía.

Impacto:

Para valorar o impacto do programa analizáronse as puntuacións pre e post-intervención psicolóxica e social, observándose diferenzas estatisticamente significativas na gran maioría dos aspectos estudados, principalmente na redución do estrés do coidador e incremento da Calidade de Vida subxectiva.
Ademais tamén se realizaron enquisas de satisfacción co programa. As puntuacións medíronse nunha escala Likert de 1 (Moi malo) a 5 (Excelente). Consultouse sobre a calidade do programa (4,8), a adecuación profesional/obxectivos (5), o tempo de desenvolvemento do programa (3,9), a implicación dos profesionais (4,7) e a consecución dos obxectivos esperados (4).
Tanto os datos numéricos obtidos de comparar as valoración pre e post-intervención e os da enquisa de satisfacción que cumpriron os participantes, coma os comentarios cualitativos verifican que o programa tivo unha elevada porcentaxe de éxito.
Unha vez finalizado este programa seguíronse realizando os talleres e grupos de apoio a coidadores nas instalacións do Centro Gerontológico La Milagrosa. Ademais, respecto ao subprograma de voluntariado social, a UDP – A Coruña continúa con este, como xa o viña facendo en edicións anteriores.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Ana Buján Mera e Tinidad Lorenzo Otero

Entidade:

Complejo Gerontológico La Milagrosa – UDP

Teléfono:

981 169 075

Enderezo:

Avda. de Cádiz nº 5, 15008, A Coruña

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.centrolamilagrosa.org/lamilagrosa/

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 Support at home é unha experiencia piloto que contén aspectos claves en termos de innovación e transferibilidade, adaptación de solucións a contornas e necesidades concretas, mellora nos sistemas de xeración e transmisión de información e evidencia nos conceptos empregados.