Departamento de I+D+i+calidade - Complexo Xerontolóxico La Milagrosa.

  Print

DATOS IDENTIFICATIVOS

Ámbito temático:

 Saude e condicións de vida,Participación

Data de inicio:

2007

Data de finalización:

Vixente

Entidade:

Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP) de A Coruña

Categoría da entidade:

Asociación non lucrativa

Área xeográfica da experiencia:

Local ou municipal

Territorio de actuación:

A Coruña

DESCRICIÓN DA BOA PRÁCTICA

Resumo:

O Departamento de I+D créase, no Centro Xerontolóxico (CX) La Milagrosa, para complementar, tanto a atención ás persoas maiores da UDP – A Coruña como a asistencia aos maiores con dependencia no CX, mediante a investigación básica e aplicada. Sen esquecer, o traballo de xeneralización e divulgación dos resultados científicos á comunidade xerontolóxica.
O Departamento de I+D da UDP - Coruña é entidade de I+D no Rexistro de Entidades Solicitantes de Axudas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (nº 0525122007).

Motivacións para implantar a experiencia:

O envellecemento da sociedade actual sitúa ao colectivo das persoas maiores nunha posición de vital importancia tanto cuantitativa como cualitativamente.
Este contexto e a necesidade de investigar e innovar no eido da xerontoloxía é a principal motivación que impulsa ó grupo de profesionais responsables da UDP - A Coruña a creación dun departamento coas características que presenta o Departamento de I+D+i+calidade.

Obxectivos:

Os obxectivos principais do Departamento de I+D pódense sintetizar nos seguintes:
• Xerar coñecemento no ámbito xerontolóxico a través de proxectos de I+D+i.
• Mellorar a asistencia xerontolóxica ás persoas do CX La Milagrosa mediante procedementos de calidade na asistencia socio-sanitaria.
• Colaborar na difusión e transmisión dos resultados da súas investigacións á sociedade galega, española e europea, xa que se xestionan proxectos de I+D+i nos tres ámbitos xeográficos.
A singularidade da experiencia do Departamento de I+D radica na capacidade de xuntar:
• Unha ONG que mira pola participación das persoas maiores na sociedade
• Un centro xerontolóxico pioneiro que aplica os resultados da innovación
• Un departamento de I+D+i+Calidade

Poboación obxectivo:

Persoas maiores de 65 anos, con e sen dependencia.
Coidadores familiares de persoas maiores de 65 anos con dependencia.

Vinculación con outros programas ou actuacións:

O departamento de I+D+i+calidade xestiona diversos proxectos de I+D, uns con orzamento propio e outros, a maioría, financiados a través de convocatorias de I+D públicas e privadas tanto autonómicas como nacionais e da Unión Europea.
O departamento ten unha estreita vinculación co Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña, tanto para o desenvolvemento dos procedementos da investigación como para a transferencia dos resultados desta.

 

 

IMPLEMENTACIÓN

 Fases ou liñas de actuación:

As liñas de traballo do Departamento de I+D+i+Calidade abarcan todo o ámbito xerontolóxico: enfermidade de Alzheimer e outras demencias, calidade de vida da persoa maior e os seus coidadores familiares, prevención da dependencia e promoción da saúde, TIC e persoas maiores, relacións interxeracionais.
As liñas de traballo sinaladas exprésanse nos proxectos de I+D+i+calidade que desenvolven, entre os actuais están :
• 2012-2013: Apoio Xerontolóxico a Domicilio (AGAD) a través das novas tecnoloxías (TIC): Domótica e Telemedina (AGAD-TIC).
• 2012-2015: efectividade da Valoración Xerontolóxica Integral e Seguimento Lonxitudinal Saudable (VERISAUDE).
• 2013-2015: understAID: A platform that helps informal caregivers to understand anda aid their demented relatives.
• 2012-2014: Active Ageing Learning Community (ELearn).
• 2012-2013: Estudio electroencefalográfico (EEG) do deterioro cognitivo leve en persoas maiores sanas.
• 2012-2013: Sala de estimulación sensorial ou Snoezlen.
• 2012: Fármacos e Síntomas Psicolóxicos Condutuais das demencias (SPCD).

 Actores que interveñen:

• UDP-Coruña (Asociación non lucrativa). Intervén en todas as fases do programa como entidade xestora.
• Complexo Xerontolóxico La Milagrosa (Entidade pública). Intervén en todas as fases do programa como entidade colaboradora.
• Departamento I+D+i+calidade. Intervén en todas as fases do programa como entidade promotora.
• Grupo Investigación en Xerontoloxía (Entidade pública).Intervén nas fases de asesoramento e transferencia de resultados científicos como entidade colaboradora.

 Recursos que dispoñen

Recursos económicos: o financiamento é público e privado.
Recursos humanos:
• 2 Doutores en Medicina.
• Doutora en Socioloxía.
• Doutora en Bioloxía.
• 2 doutoras en Psicoloxía.
• Doutora en Xerontoloxía (logopeda).
• Psicóloga.
• Terapeuta Ocupacional.
• Enxeñeiro Informático.
• Informático de xestión.

 

RESULTADOS

 Produtos obtidos:

Os seguintes proxectos son os traballos desenvolvidos polo Departamento de I+D+i+calidade da UDP-A Coruña no CX La Milagrosa:
• 2012-2013: Apoio Xerontolóxico a Domicilio (AGAD) a través das novas tecnoloxías (TIC): Domótica e Telemedina (AGAD-TIC).
• 2012-2015: efectividade da Valoración Xerontolóxica Integral e Seguimento Lonxitudinal Saudable (VERISAUDE).
• 2013-2015: understAID: A platform that helps informal caregivers to understand anda aid their demented relatives.
• 2012-2014: Active Ageing Learning Community (ELearn).
• 2012-2013: Estudio electroencefalográfico (EEG) do deterioro cognitivo leve en persoas maiores sanas.
• 2012-2013: Sala de estimulación sensorial ou Snoezlen.
• 2012: Fármacos e Síntomas Psicolóxicos Condutuais das demencias (SPCD).
• 2012: Support at home: Programa socio-psicolóxico de apoio a domicilio.
• 2011-2013: Envellecemento activo: Novas prácticas institucionais, de base transfronteiriza sobre envellecemento activo.
• 2008-2012. Desenvolvemento de Telecognitio®.
• 2008-2012: Telexerontoloxía®.
• 2008-2012: CompanionAble Integreted Cognitive Asistive and Domotic Companion Robotic Systems for Ability and Security.
• 2011: Programa on-line e semipresencial de apoio e formación a coidadores informais de persoas maiores con demencia A-compaña.
• 2008: Programa integral de apoio Xerontolóxico a domicilio (AGAD).
• 2008-2009: Desenvolvemento e implementación dun dispositivo de recollida on-line de parámetros biomédicos adaptado ás persoas maiores.
• 2007-2009: STU-RET ILC. Student – Retirees Intergeneracional Learning Circles.
• 2006-2008: ADD-Life! Adding quality to LIFE trrough inter-generational learning via universities.
• 2006-2009: Necesidades percibidas e proposta dun modelo de intervención dirixido a persoas maiores dependentes de acordo ó xénero e hábitat rural/ urbano.
• 2006-2007: Programa de apoio on-line dirixido a coidadores de enfermos con dependencia.
• 2005-2007: Folstein.

Documentación producida:

Memoria de actividades C.X. La Milagrosa. Ano 2011.

Descargas:

Difusión:

As principais canles de transferencia e difusión dos resultados que emprega o Departamento de I+D+i+calidade son de tres tipos:
• Científicas: como a publicación de artigos de impacto académico en revistas científicas de calado internacional e a asistencia a congresos nacionais e internacionais onde se difunden os resultados das investigacións realizadas.
• Divulgación social: a través de xornadas e seminarios xerontolóxicos e socio-sanitarios así como mediante a difusión en revistas destinadas ás persoas maiores e aos seus coidadores, aos profesionais da xerontoloxía e a sociedade en xeral.
• El Veterano: publicación mensual destinada aos socios da UDP – Coruña e aos usuarios e familiares do CS La Milagrosa, ademais de aos profesionais da entidade en xeral.

Impacto:

O impacto que ten na nosa sociedade a existencia dun centro como o Departamento de I+D+i da UDP - A Coruña é por múltiples razóns destacadamente elevado.
Dos múltiples impactos destacan:
• A repercusión transfronteiriza, a colaboración do Departamento en proxectos de índole europea permite unha transferencia de resultados máis elevada e a presenza dun Departamento xestionado por unha entidade do terceiro sector nas publicacións científicas europeas.
• A relevancia actual da temática na que traballa debido ao envellecemento da poboación.
• Os produtos que crea, destacando Telegerontología® e Telecognitio® (programa de estimulación cognitiva computerizado).
• O equipo multicisciplinar que forma o Departamento, permítelle unha maior interacción coas axentes máis relevantes no proceso de envellecemento das persoas.

 

MAIS INFORMACIÓN 

 Persoa de contacto:

Dr. José Carlos Millan Calenti

Entidade:

Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados

Teléfono:

981 169 075

Enderezo:

Avenida de Cádiz, 5 15008 A Coruña

Enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina Web:

 http://www.centrolamilagrosa.org/lamilagrosa/

 

POR QUE É UNHA BOA PRÁCTICA?

 O Departamento de I+D+i+calidade do Centro Xerontolóxico La Milagrosa é un exemplo de innovación que consegue xuntar a investigación en xerontoloxía coa innovación no seu campo de actuación. Cun intento manifesto de mellorar os sistemas de xeración e transmisión da información e a experiencia.
A colaboración interinstitucional nos proxectos desenvolvidos proporciónalle tamén a característica de innovación relacional que proporciona a consolidación de redes de colaboración na co-xestión de iniciativas.