FACTIBILIDADE

Factibilidade ou atributo polo que unha iniciativa ten posibilidades de éxito na súa implementación, porque no seu deseño se tivo en conta o contexto económico, técnico, organizativo e social no cal se ha levar a cabo.

  • Viabilidade económica, eficacia e economía dos recursos dispoñibles.
  • Viabilidade interna, consenso no equipo de traballo e aceptación entre os membros.
  • Viabilidade técnica ou adecuación da proposta efectuada aos medios técnicos dispoñibles.
  • Viabilidade medioambiental, sustentabilidade e preservación dos recursos medioambientais.
  • Viabilidade social, adecuación das necesidades e demandas expresadas pola cidadanía.