IMPACTO POSITIVO

Impacto positivo. Cando unha experiencia presenta un alto grao de efectividade na consecución dos seus obxectivos e ten un impacto, e dicir, provoca un cambio observable e positivamente valorado no ámbito sobre o que se leva a cabo a actuación.

  • Impacto positivo en relación ás persoas maiores. Presenza de avaliacións de impacto referidas aos beneficiarios.
  • Impacto positivo noutros ámbitos de actuación, por exemplo, mellora nas relacións familiares, xeración de emprego, dinamización de recursos, corresponsabilidade de axentes ou grupos sociais, etc. Presenza de avaliacións de impacto referidas aos ámbitos que rodean aos beneficiarios.