INNOVACIÓN

Innovación. Entendida como unha mellora na prestación dun servizo á cidadanía atendendo ás novas necesidades xurdidas, sexa a calquera nivel ou dimensión da organización. Estas melloras poden darse nos seguintes niveis:

  • A nivel funcional ou desenvolvemento de novas tarefas, procesos e modelos ou técnicas que non teñen antecedentes na Administración, institución ou entidade e que poidan xurdir como produto de novas demandas, vontades e novas disposicións dos gobernos.
  • A nivel estrutural ou aparición de novas formas organizativas, sexan entidades, técnicas, regulamentos ou procedementos de toma de decisións.
  • A nivel de comportamentos ou modificación dos patróns de condutas. Supón a capacidade da organización de cambiar condutas, tanto internas como do seu entorno, ampliando a base de apoio para a execución de proxectos.
  • A nivel relacional ou pola capacidade de xerar redes de colaboración que permita a co-xestión de proxectos deste calado.
  • A nivel das necesidades e oportunidades da acción emprendida. Supón a creación de novas respostas (servizos) para necesidades actuais e emerxentes da poboación maior, analizando a maneira de produción do servizo.