PLANIFICACIÓN

Planificación ou establecemento dun conxunto de pasos ordenados racionalmente e relacionados entre si para acadar os resultados desexados no ámbito de intervención da iniciativa.

  • Planificación estratéxica. Referida á determinación da problemática detectada (diagnose) e á proposta de solucións ou prescricións. Existencia de diagnoses ou determinación de problemas así como exposición de solucións a través de medidas, accións ou proxectos.
  • Planificación operativa. Referida á planificación do proxecto a partires da determinación da problemática e da solución proposta. Existencia dos marcos lóxicos de actuación da iniciativa (problemas, obxectivos, accións, indicadores, desviación, orzamentos, etc).