AMBITOS DE ACTUACIÓN

 A Organización Mundial da Saúde recolle na publicación “Envellecemento activo: Un marco político”(2002):

“Un enfoque dende o envellecemento activo ás políticas e programas de desenvolvemento ofrece a posibilidade de afrontar moitos dos retos tanto das persoas como das poboacións que están envellecendo.  Cando a saúde, o mercado de traballo, o emprego e as políticas educativas e sanitarias apoien o envellecemento activo, posiblemente haberá:

  • Menos mortes prematuras nas etapas máis produtivas da vida.
  • Menos discapacidades relacionadas con enfermidades crónicas na ancianidade.
  • Máis persoas que gocen dunha calidade de vida positiva a medida que vaian envellecendo.
  • Máis persoas que participen activamente nos ámbitos sociais, culturais, económicos e políticos da sociedade, en traballos remunerados e sen remunerar e na vida doméstica, familiar e comunitaria.
  • Menos gastos debidos a tratamentos médicos e a atención sanitaria.

As políticas e programas do envellecemento activo recoñecen a necesidade de fomentar e equilibrar a responsabilidade persoal (o coidado da propia saúde), os contornos axeitados para as persoas de idade e a solidariedade interxeracional. (…)

O envellecemento activo depende dunha diversidade de influencias ou “determinantes” que rodean ás persoas, familias e nacións.”

Os determinantes do envellecemento activo pódense dividir en dúas dimensións:

  • Dimensión externa ou condicións contextuais:
    • Condicións económicas.
    • Condicións sociais.
    • Condicións ambientais.
    • Condicións sanitarias.
    • Condicións culturais.
  • Dimensión interna ou condicións persoais:
    • Factores individuais.
    • Factores de comportamento ou de conduta.
    • Factores  de xénero.

Estas dúas dimensións, externa e interna, determinan os ámbitos de traballo das accións que promoven o envellecemento activo e, polo tanto, os temas que enmarcan as actuacións, políticas ou programas, públicas e privadas do tecido institucional.

Neste Banco on-line de boas prácticas en materia de prevención da dependencia e envellecemento activo, considéranse os seguintes ámbitos de actuación en materia de prevención da dependencia e envellecemento activo: