PARTICIPACIÓN

O ámbito da participación engloba as medidas que teñen por obxectivo:

  • Inclusión social. Entendido como tódalas accións dedicadas á loita contra a exclusión social e illamento  das persoas maiores, amosándolles igualdade de oportunidades de participación na sociedade mediante actividades culturais, políticas e sociais.
  • Aprendizaxe permanente. Entendido como tódalas accións destinadas a proporcionar ás persoas maiores oportunidades de aprendizaxe, subliñando o uso das TICs, coidado persoal, e situación do financiamento para posibilitar a súa participación na sociedade e facerse cargo da súa propia vida.
  • Participación na toma de decisións. Entendido como aquelas accións adicadas ao mantemento das persoas maiores involucradas nos procesos de toma de decisións, sobre todo naqueles sectores que lles afecta directamente.