SEGURIDADE

O ámbito da seguridade engloba as accións que teñen por obxectivo:

  • Seguridade dos ingresos. Entendido como as accións destinadas á instauración e mantemento dos réximes que proporcionen ingresos adecuados na vellez, a través dos cales pódese asegurar a autonomía financeira das persoas maiores para vivir con dignidade.
  • Apoio aos coidadores non profesionais. Entendido como tódalas accións destinadas a proporcionar maior apoio e formación profesional ás persoas coidadoras non profesionais, garantindo coidados temporais e protección social adecuada para evitar ameazas á seguridade das persoas maiores.
  • Reducir as desigualdades nos dereitos de seguridade. Entendido como tódalas aquelas accións adicadas á protección das necesidades das persoas maiores e á defensa dos seus dereitos, por exemplo, na revisión do marco normativo para a protección da viuvez, no tratamento e loita contra a violencia doméstica, etc.