SAUDE E CONDICIÓNS DE VIDA

O ámbito da saúde e condicións de vida engloba as accións que teñen por obxectivo:

  • Fomento da saúde e prevención de enfermidades. Entendido como tódalas medidas que aumenten os anos de vida de mulleres e homes, así como reducir os riscos de dependencia mediante fórmulas de fomento da saúde e da prevención de enfermidades. Tamén inclúense as medidas que proporcionan oportunidades de actividade física e mental adaptadas ás capacidades das persoas maiores.
  • Aloxamentos e servizos adaptados. Entendido como as actividades que permiten adaptar aloxamentos e proporcionar servizos que permitan aos maiores con saúde deficiente vivir cun maior grao de autonomía.
  • Transporte accesible e alcanzable. Entendido como as accións que permiten adaptar os sistemas de transportes para que sexan accesibles, alcanzable, seguros e estables que permitan a autonomía e participación activa das mulleres e homes na sociedade.
  • Contornos, produtos e servizos adecuados ás persoas maiores. Entendido como as accións que permiten adaptar os contornos locais, así como os produtos e servizos, para que poidan ser usados por persoas de tódalas idades (Enfoque deseño para todos), subliñando as novas tecnoloxías, entre elas a sanidade electrónica. Así como evitar a discriminación por idade ao acceso a bens e servizos.
  • Aumentar ao máximo a autonomía na atención a largo prazo. Entendido como tódalas accións que garanten ás persoas, que precisan atención ou coidados, incrementar o manter un maior grao de autonomía, respectando a dignidade e compaixón das persoas.