LABORAL E EMPREGO

O ámbito laboral e emprego engloba as actuacións que teñen por obxectivo:

  • Educación  e formación profesional permanentes. Entendido como aquelas accións destinadas a ofrecer ás persoas de tódalas idades acceso e participación na educación, formación e desenvolvemento nas capacidades para (re) introducilos e facelos participar plenamente no mercado laboral en postos de traballo de calidade.
  • Condicións saudables de traballo. Entendido como aquelas accións que pretenden fomentar unhas condicións de traballo e contornos laborais que manteñan a saúde e o benestar dos/as traballadores/as para garantir unha capacidade de inserción profesional ao longo da totalidade da vida.
  • Estratexias de xestión da idade. Entendido como tódalas accións que  pretenden adaptar as carreiras e condicións de traballo ás necesidades cambiantes dos/as traballadores/as segundo envellecen, evitando as xubilacións anticipadas.
  • Servizos de emprego para traballadores maiores. Entendido como aquelas accións que pretenden proporcionar asesoramento, colocación e apoio á reintegración dos/as traballadores/as maiores que desexen permanecer no mercado laboral.
  • Acción contra a discriminación por idade. Entendido como tódalas accións que garanten a igualdade de dereitos dos/as traballadores/as maiores no mercado laboral, loitando coa idade como criterio decisivo á hora de avaliar a aptitude para o desenvolvemento dun posto de traballo así como evitar estereotipos negativos relacionados coa idade e actitudes discriminatorias.
  • Transferencia de experiencias. Entendido como tódalas accións adicadas a rendibilizar o coñecemento e as capacidades dos/as traballadores/as maiores mediante a configuración de equipos compostos por persoas de diversas idades así como procedementos de traspaso de coñecementos, como é o caso das titorías.
  • Conciliar traballo e atención. Entendido como tódalas accións que pretenden adaptar as condicións de traballo e ofrecer disposicións de permisos adecuadas para mulleres e homes que lles permita, como coidadores non profesionais, permanecer no seu posto de traballo ou volver ao mercado laboral.