OBXECTIVOS DO BANCO

O Banco on-line de boas prácticas en materia de prevención da dependencia pretende proporcionar ás persoas expertas en materia de prevención e detección da dependencia, así como ás técnicas e técnicos do resto de entidades públicas e privadas, unha ferramenta viva capaz de achegar valor engadido na xestión do coñecemento para mellorar o deseño, implantación e avaliación de futuras actuacións na prevención da dependencia e o envellecemento activo en forma de exemplos de boas prácticas na materia.