QUE É O BANCO DE BOAS PRÁCTICAS?

O banco de boas prácticas galego é un catálogo on-line de boas prácticas que identifica e difunde experiencias innovadoras en materia de prevención da dependencia e o envellecemento activo.

Este Banco on-line de boas prácticas en materia de prevención da dependencia é unha iniciativa que se enmarca dentro do “Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica, Visión sector 2020”, cofinanciado polo proxecto europeo Envellecemento +Activo, ao abeiro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).