METODOLOXÍA

O Banco on-line de boas prácticas en materia de prevención da dependencia pretende proporcionar ás persoas expertas en materia de prevención e detección da dependencia, así como ás técnicas e técnicos do resto de entidades públicas e privadas, unha ferramenta viva capaz de achegar valor engadido na xestión do coñecemento para mellorar o deseño, implantación e avaliación de futuras actuacións para a prevención da dependencia e o envellecemento activo en forma exemplos de boas prácticas na materia.

Se unha boa práctica é calquera actuación ou experiencia implantada e/ ou promovida por unha administración, institución ou entidade, baseada nun proxecto e unha planificación previos, que responde de xeito innovador e satisfactorio a unha problemática do contexto, ben sexa por razón dunha nova materia de actuación ou por unha metodoloxía de excelencia, como as seleccionamos?

A metodoloxía empregada para a obtención das boas prácticas que se recollen neste banco é a seguinte:

METODOLOXÍA EMPREGADA PARA A OBTENCIÓN DE BOAS PRÁCTICAS