POCTEP

QUE É O POCTEP?

O Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 promove o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal, reforzando as relacións económicas e as redes de cooperación existentes entre as cinco áreas definidas no programa. 

Este programa permite aproveitar as amplas redes de cooperación existentes que se viñeron desenvolvendo desde 1989, con execución de proxectos de infraestruturas materiais, ás que se incorporaron progresivamente outros sectores como o turismo, os servizos sociais, o medio ambiente, a innovación tecnolóxica, a sanidade, a educación ou a cultura.

O territorio de intervención do proxecto abarca a totalidade do territorio da fronteira hispano-lusa e constitúe así a primeira e única experiencia de colaboración, en materia de servizos e ferramentas para maiores, das administracións públicas autonómicas españolas e a Administración portuguesa con competencias na materia.

PROXECTO ENVELLECEMENTO + ACTIVO

O proxecto Envellecemento + Activo foi deseñado para promover a planificación e utilización conxunta de equipamentos, programas e servizos sociais innovadores, a nivel transfronteirizo, para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable.
Os resultados que pretende acadar son:

  • A promoción de boas prácticas en detección precoz da dependencia.
  • A experimentación de novas tecnoloxías para a atención a persoas maiores.
  • Maior eficacia na xestión de recursos mediante unha nova estrutura institucional de cooperación transfronteiriza.

Máis información en www.envellecementomaisactivo.eu

 

Documentación cooperación transfronteiriza Minho-Lima 

Relatório_MinhoLima_Transfronteiriço